Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Os Encontrinhos atravesan a Costa da Morte a dúas rodas

Encontrinhos viaxe en bici pola Costa da Morte
Os Encontrinhos atravesan a Costa da Morte a dúas rodas

Arrinca hoxe dende Ribeira unha nova edición de Os Encontrinhos. 130 persoas participan neste encontro cicloturista que este ano, ao longo dunha semana, percorrerá a costa galega dende Ribeira ata A Coruña, atravesando a Costa da Morte.

Unha fermosa viaxe organizada polo colectivo Mobi-Liza e Verdegaia, que permite coñecer o país á velocidade exacta, a da bicicleta, nin tan tápido como no coche, nun tan paseniño como andando. Tan é así que as prazas se agotaron de contado.

<>Irán durmindo en pavillóns gracias á colaboración dos Concellos de Ribeira, Porto do Son, Muros, Corcubión, Camariñas, Laxe, Malpica e A Coruña. Son xornadas de 50-60km.

 

O domingo partirán cara Porto do Son, e o luns chegarán a Muros, onde farán noite antes de partir cara Corcubión. Farán parada tamén en Camariñas, Laxe e Malpica antes de percorrer o día 10 os 55 km que separan a vila malpicá da Coruña, facendo aínda o domingo 11 unha ruta ornitolóxica polo río Mero.

”Será unha semana para gozar da paisaxe, da cultura e da gastronomía galega pedaleando sen présa nas nosas bicicletas coas nosas alforxas”, cóntanos Fran, de Mobi-liza, entidade que ademais xestiona a Escola da Bici da Coruña e o singular Taller Social Reciclos.

Comentarios