Martes. 19.11.2019
El tiempo

Enreguéfate: A Costa da Morte, o mellor sementeiro de ilusións para transformar o mundo improvisando versos

”A regueifa está moi viva nos nosos colexios e institutos. Brincando e aprendendo que a regueifa é unha ferramenta educativa poderosísima, que temos a grande fortuna de poder compartir coa complicidade de alumnado e familias”, explica o mestre do IES de Baio, Manolo Maseda.

Enreguéfate: A Costa da Morte, o mellor sementeiro de ilusións para transformar o mundo improvisando versos

Esta pasada fin de semana celebrouse no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gala de entrega dos premios Enreguéifate 2019. Xente de todo o país (escolares e categoría xeral) encheron o auditorio para non deixar de rir na hora e media que durou o acto de entrega. Un acto conducido polo mestre Manolo Maseda e a regueifeira Lupe Blanco (ademais de Sechu Sende e Olaia Liñares) e que serviu para recoñecer as regueifas que máis emoción octosilábica ao longo deste curso.

Houbo 52 pezas de vídeo-regueifa, 42 na categoría escolar e 10 na categoría xeral, procedentes de varias localidades galegas (Ames, Arzúa, Baio, Baiona, Burela, Cabana de Bergantiños, Carballo, Compostela, Cuntis, Lugo, Marín, Muros, Ordes, Pontecesures, Pontevedra, Teo, Trives, Vilasantar, Xove e Vigo) e con regueifeiros e regueifeiras de todas as idades a partir dos 5 anos do grupo máis cativo.

Pero a comarca de Bergantiños demostrou o seu potencia. O alumnado de Regueifa do IES Maximino Romero de Lema e o do CEIP Labarta Pose recolleron sendos premios á regueifa máis brava e máis revindicativa. Un luxo de alumnado que incluso improvisou alí unhas coplas para mostrarlle ao mundo que teñen talento dabondo para partillar. As Marías, Ángela e Andrea (de segundo da ESO do IES) deixaron ao público sen palabras, ao gastalas todas elas regueifando.

A maiores, tamén a nosa sociedade baiesa sube na revolución regueifeira. Do Centro de Formación "O Ábaco" gañaron coa Regueifa da Costa como a mellor cantada.
Tamén levaron premio "As Pataqueiras" Jéssica Nantón Remuiñán e Carme María Taibo, como a regueifa máis brava.

Regueifa máis brava:

Categoría xeral: As Pataqueiras - 'Berghantiños vs. Vigho’

 

Categoría escolar: As Bravas - 'As Bravas de Borneiro’

Regueifa máis reivindicativa

Categoría escolar: CEIP Labarta Pose - "Protexamos o rural”

Regueifa mellor falada

Categoría Xeral: Dinamo da costa - "Regueifa da costa

Dende o Centro de Formación Ábaco de Baio.

 

Novas regueifeiras

MÁIS NOVAS REGUEIFEIRAS

Comentarios