Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os escolares sumérxense no patrimonio subacuático cos Carrilo e Pepe de Oleghario

Alicia e Fernando Carrillo con Pepe de Oleghario na charla de Lar en Corcubion
Alicia e Fernando Carrillo con Pepe de Oleghario na charla de Lar en Corcubión
Os escolares sumérxense no patrimonio subacuático cos Carrilo e Pepe de Oleghario

Agora si que a nova edición do Concurso de Murais de Azulexo de Suministros Lar, está a pleno rendemento. Xa anunciaramos que este ano o tema escollido é o patrimonio subacuático da Costa da Morte, un xeito ideal de achegar á mocidade da comarca os tesouros históricos que temos agochados nos nosos fondos mariños.

E quen mellor para aprender que xentes como Alicia Carrillo e Fernando Carrillo, ambos buzos descubridores de moitos dos pecios que se atopan hoxe expostos en museos, e mais José López (Pepe de Oleghario) creador da únicas cartas náuticas feitas a man que relatan todos os afundimentos no noso ltoral.

Onte, varios centos de escolares de centros de ensino que participan no Concurso, puideron sumerxirse casa da Cultura do Concello de Corcubión nos nosos fondos, escoitando as historias subacuáticas deste trío de expertos. Pepe trouxo as súas cartas náuticas para deleite de todos os presentes, pequenos e maiores.

Mirando as cartas nauticas de Pepe de Oleghario

Acción integradora

Este Concurso, proxecto que nace da Responsabilidade Social Corporativa de Lar, ten varias vertentes, e unha importante é a integración dos usuarios das Asociacións con diversidade funcional, que participan como un centro máis. “Con ambos grupos todos aprendemos o importante do traballo de integración social destas asociacións, a romper barreiras e prexuizos. É un proxecto gratificante emocional e socialmente falando”, explica Tatiana Rodríguez, de Lar.

Fomentando a investigación transversal

Dentro dos colexios, é un proxecto multidisciplinar en todas as súas fases, que afecta a varias áreas académicas do ensino, interrelaciónanse todas cun obxectivo común e ven a aplicativa real. “Este sistema, moi habitual nos países nórdicos, promove a investigación, creatividade, traballo en equipo, compañerismo, respecto a cada achega ou comentarios de compañeiros, estudo e coñecemento do tema a realizar”, apunta. Ademais, xera unha “maior vinculación e achegamento entre xeracións, e para co territorio” e “promove a investigación fóra de internet, para volver utilizar a rede social da comunicación persoal, especialmente cos nosos maiores, fontes de información excepcionais”.

”Arte na Rúa”

O certame ademais ten componente medioambiental, pois “nace para dar unha solución á xestión do residuo cerámico, un custo importante para as empresas á hora de retirar muestrarios obsoletos e azulexos que chegan deteriorados por motivos varios cando chegan ao almacén. Decidimos darlles un segundo uso e convertelos en obras de arte”, explica Tatiana.

”É unha honra poder colaborar coa comunidade educativa aportando ferramentas novas e diferentes aos profesores coas que poden canalizar as materias curriculares dun xeito lúdica achegándoas á realidade”, conclúe.

Novas relacionadas

Comentarios