Falece un mozo de 19 anos ao caer o seu coche a un río en Carballo
Continúa a sangría nas estradas costeiras. Esta noite de venres 12 a sábado, un mozo de 19 anos falecía nun accidente en Carballo. O vehículo que guiaba sufría, arredor das 19:00h, unha saída de vía, chocaba contra un poste de electricidade e caía ao río no lugar da Ponte Rosende, na estrada entre Carballo e Santiago.
Os Bombeiros de Carballo foron alertados polo persoal do CAE 112 Galicia ante a posibilidade de que a persoa estivese atrapada. Finalmente, non foron necesarios medios de excarceración, pese a que os efectivos do parque comarcal si que interviñeron para estabilizar o vehículo e sacar á persoa, xa falecida.
Foi un particular o que solicitou axuda ao CAE 112 Galicia pasados uns minutos das 19:00 horas da tarde de onte. Así, informouse a Urxencias Médicas, Bombeiros de Carballo, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.
Novas relacionadas
Novas relacionadas
- 11-02-16: 6 persoas resultaron feridas en senllos accidentes rexistrados en Dumbría, Malpica e Paxareiras.
- 11-02-16: Falece un home nun novo atropelo en Rus.
- 10-02-16: Varios feridos en dous atropelos en Cee e Baio.
- 10-02-16: Un ferido tras unha colisión por alcance en Corcubión.
- 08-02-16: Falece en accidente de tráfico Paula Sueiro, unha das recanteiras do Luar.
- Redacción QPC ([email protected])