Martes. 23.04.2024
El tiempo

Fede Pérez presentará o #LateNight do Día dos Medios en Galego

Dia dos Medios en galego 20 de marzo 2021
Fede Pérez presentará o #LateNight do Día dos Medios en Galego

Como para nós, todos os días son o #DíadosMediosenGalego, dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) estenden a celebración dende o 7 de febreiro ata o 20 de marzo. Será o día na que, por fin, trala apertura das restricións sanitarias, celebraremos a data que nos serve de nexo de unión entre os 140 medios que comunicamos na nosa lingua.

Será cun formato #LateNight, presentado polo mazarican Fede Pérez Rei, que se emitirá en directo ás 18:00h, dende a Casa de Rosalía de Padrón, polas nosas canles de Youtube, Facebook e Twitch.

Haberá conversas sobre lingua, cultura, creación…

Novas relacionadas

 

Comentarios