Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Francisco Javier González: "Neria é viable se os políticos se interesan por ela"

Francisco Javier González: "Neria é viable se os políticos se interesan por ela"
javier-gonzalez-presidente-neria Javier González é o actual presidente de Neria O pasado mes de setembro, Neria pasou polos xulgados por un posible fraude no proxecto do C3M. Tres meses despois, a entidade que un día foi referencia na Costa da Morte segue na corda frouxa. Francisco Javier González, actual presidente de Neria, explica a situación actual que atravesa a entidade despois de que varios concellos aprobasen deixar de formar parte dela.
  • QPC: En que situación situación está Neria nestes momentos?
A semana pasada estivemos en Madrid nunha xuntanza para ver o tema do crédito que temos do Ministerio de Industria así como a subvención co fin de buscar a posibilidade de retomar o proxecto. A maior débeda que ten Neria neste momento é co Ministerio. Dende o organismo oficial, comprometéronse a buscar unha solución para ambas partes aínda que non nos deron ningún prazo.
  • QPC: Cal é o seguinte paso que dará Neria?
Posiblemente esta semana se convoque unha xunta directiva.
  • QPC: Neria pode seguir sendo viable?
Sigo decindo o mesmo dende fai moito tempo: creo que Neria é viable sempre e cando os políticos se interesen por ela. Se os políticos cren en Neria, a entidade é viable. A débeda está aí pero iso é un proxecto a 15 anos e hai moitas maneiras de solventala. O principal é crer en Neria.
  • QPC: Complicouse máis a situación co abandono de Malpica, Mazaricos e Zas?
Na miña opinión, as cuestións políticas hai que solventalas politicamente. É verdade que algúns concellos se deron de baixa, sobre todo os gobernados polo BNG - a excepción de Carnota - porque os seus alcaldes entenden que están mellor fóra que dentro. Creo que se equivocan, xa que para saber se Neria lle vai a favorecer ou non ao concello que dirixen teñen que formar parte da entidade. Ademais, aínda que abandoen a entidade son igual responsables subsidiariamente. Eu penso que Neria hai que entendela doutra maneira e non marchar ou quedar en función se están os dos meus ideais políticos ou non.
  • QPC: Que foi de todos os proxectos que tiña en marcha Neria?
Ao non poder pedir ningunha subvención nin nada, os proxectos están parados. Agora estamos no punto da pescadilla que se morde a cola; mentras non haia diñeiro para poñer a Neria ao día con Facenda e coa Seguridade Social - , para o que se precisan uns 10.000€ - os proxectos están parados. Será a xunta directiva a que decida que o vai pasar.
  • QPC: A canto ascende a débeda de Neria?
En total, un millón e medio de euros; dos cales, 1,2 millóns de euros son do C3M. Se ese proxecto se retoma ten unhas cuotas de 76.000€ ao ano que serían asumibles xa que iso estaba previsto. c3m O C3M atópase na rúa Magdalena de Cee
  • QPC: Que vai pasar co C3M?
Insisto de novo no tema político. O conselleiro de Industria dixo na última campaña electoral durante unha reunión mantida cos empresarios que a Costa da Morte tiña que ter un centro onde houbera un viveiro de empresas, un centro de formación,... Polo que o proxecto do C3M está dicindo a Xunta de Galicia que ten que existir na Costa da Morte. E se se remata, xa o hai.
  • QPC: Cal sería a solución para reactivar o proxecto do C3M?
Nos vemos a viabilidade na Deputación da Coruña que sería quen se quedaría cos beneficios do C3M e coas instalacións a cambio de pagar a débeda. Haber hai mil posibilidades, pero son cuestións que hai que abordar en profundidade.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios