venres. 08.11.2024
El tiempo

O futuro empresarial da Costa da Morte citouse no peche do Coworking

  • 23 emprendedoras da bisbarra presentaron os seus 19 proxectos empresariais 
Empredendoras no Coworking da Costa da Morte
Varias das empredendoras no Coworking da Costa da Morte
O futuro empresarial da Costa da Morte citouse no peche do Coworking

23 emprendedores da comarca pecharon este pasado martes na Escola de Vela de Cabana de Bergantiños a cuarta edición do coworking da Costa da Morte. O programa formativo impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, e a Escola de Organización Industrial (EOI), celebrou a súa clausura no Demoday, despois de 4 meses de formación integral no desenvolvemento empresarial.

Son moitas das futuras empresarias da nosa bisbarra, chegadas dend a Coruña ata Pindo, Muxía, Camariñas, Baio, Ponteceso… coas mellores ideas de negocio e a intención de sacalas adiante, como demostraron no proceso de selección. Proxectos relacionados coa valorización de recursos do territorio, o turismo activo e a hostalería; a agroalimentación baseada en produtos artesanais; o desenvolvemento de solucións dixitais en sectores como a enxeñería e a arquitectura; a asistencia e a conciliación familiar, laboral e persoal; os coidado; a industria da saúde; e a oferta de novas prestacións no sector do transporte, a comunicación e a intervención social.

Durante o proceso formativo aprenderon dende como comezar o proxecto, a abrir novas liñas de negocio, habilidades de comunicación e venda… para saír listos para comercializar os novos produtos. “Abríronnos moitos campos. Houbo xente que entrou cunha idea de negocio e sae cunha nova. Eu recoméndoo”, sinala Rebeca Facal, unha das emprendedoras dixitais que tamén valora “a creación dunha rede de xente coma ti, e seguramente irán saíndo colaboracións para ir tirando uns polos outros”.

Rebeca Facal e Lidia Trasmonte presentaron o proxecto Anfibia comunicacion
Rebeca Facal e Lidia Trasmonte presentaron o proxecto Anfibia Comunicación

Nas catro convocatorias da aceleradora da Costa da Morte levan participado ata o momento máis de 92 emprendedores, deixando en marcha xa 23 proxectos que vincular 43 postos de traballo. Unhas cifras que non evitaron que varias das participantes lle lembrasen á Xunta a súa discriminación do rural.

Emprendedores no Coworking Costa da Morte de Cabana 2019

Novas relacionadas

Comentarios