Domingo. 07.03.2021
El tiempo

Galicia tamén se indigna este sábado coa Revolución do 15O

Galicia tamén se indigna este sábado coa Revolución do 15O

719 ciudades (8 en Galicia) e 71 paises (o 40% dos países do planeta) participarán este sábado 15 de outubro na revolución do Movemento 15M por unha Democracia Real Xa. Unha revolución como as de antes, tomando a rúa, pero en pleno século XXI, tomando a rede como medio dinamizador e globalizdor imparable.

O obxectivo e enviar aos dirixentes locais, nacionais e internacionais unha mensaxe unida, grande, e clara de disconformidade co "desenvolvemento" da sociedade actual. Así o Manifesto do 15O pide a unión por un cambio global: "Os poderes establecidos actúan en beneficio duns poucos, desoíndo a vontade da gran maioría, sen importarlles os custos humanos ou ecolóxicos que teñamos que pagar. Hai que pór fin a esta intolerable situación".
As críticas van concretamente dirixida aos 4 poderes: "o financeiro (incluídos os paraísos fiscais, a banca e as axencias de cualificación), o político (os dirixentes illados da xente), o militar (os exércitos e a OTAN) e o mediático (grandes grupos e censores de Internet)".

Para situalo, o Manifesto global do movemento 15M é indignamente claro, facendo fincapé na nosa calidade de persoas, humanas, propoñendo unha revolución ética particular e global.

Entrementres, a sociedade segue vivindo situacións tan esperpénticas, sen marchar do país, como o que puidemos ler nos últimos meses coas finadas caixas galegas. Por aí endiante, os PPSOE intentan controlar a televisón pública sen que pase nada, ao tempo que os últimos sucesos acaecidos en Nova Iorque dan conta da relevancia do movemento a nivel internacional, que segue a ser ninguneado polos medios tradicionais.

Sen máis, agradecemos a invitación do O Faro Fsterra e o seu blogmaster José García Sanchez, para facernos partícipes, a QPC, a toda a nosa comunidade, e a toda a veciñanza indignada da Costa da Morte, desta revolución. Así vos invitamos a participar en algunha das 8 manifestacións que partirán este sábado 15 de outubro dende as 18:00h.

Listado de convocatorias para o 15 de outubro en Galicia

Máis información: Listado de convocatorias para el 15 de octubre en toda España.

Artistas unidos coa revolución

Moita xente do eido cultural, social e ata político uníronse ao 15M. Este é Eduardo Galeano pero podedes ver a outros moitos no Canle SecretOlivo:

Máis información

comentarios