Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Galinus Forma: aprende a potenciar o teu negocio a través da rede

Galinus Forma: aprende a potenciar o teu negocio a través da rede

Segue empeñada a empresa Galinus en fomentar a formación tecnolóxica na Costa da Morte. Ademais desas masterclass en forma de artigos de Ana Díaz sobre marketing, esas conferencias de Daniel Cerqueiro pola bisbarra, ou eses cursos de Javier Mosquera aos empresarios, a empresa corcubionesa saca un novo proxecto formativo: Galinus Forma.

Abre así unha serie de cursos a emprendedores para utilizar a rede e así mellorar a capacidade de competir coas empresas de fóra, e potenciar a presenza dos nosos produtos e servizos locais máis aló da nosa localización xeográfica.
Galinus Forma está orientado principalmente a formar no uso das principais plataformas actuais, sen necesidade de coñecementos de programación e planificando accións de Marketing Online dende o mínimo investimento: 0€.
Os profesionais da zona poderán gozar de até un 100% de bonificación dos cursos mediante a Fundación Tripartita.

En marcha

Os cursos comezarán xa este Verán do 2012, para todos aqueles profesionais que crean que a súa empresa poderá beneficiarse de ter un posicionamento óptimo nas buscas de internet relaccionadas co seu negocio. Enfocarán os cursos principalmente no sector da hostalaría e o turismo, pero tamén poderase analizar e estudar os casos de éxito tanto en Redes Sociais como en Conversións doutros sectores empresariais.

Máis información e inscricións

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Galinus.

comentarios