Venres. 29.03.2024
El tiempo

O GDR creou 34 empregos e consolidou 83 en dous anos

A Asociación Costa da Morte GDR informa, trala celebración da Xunta Directiva sobre os proxectos aprobados na actual Medida LEADER do PDR de Galicia 2014-2020. UN plan que deixará nos concellos do GDR costeiro uns 682.449,05€.

Emprego GDR Fondos Leader copia
O GDR creou 34 empregos e consolidou 83 en dous anos

A Directiva fixo un repaso dende 2017, pois aprobaron 33 proxectos (15 Produtivos, 11 Non produtivos (Concellos e Asociacións) e 7 propios do GDR (Funcionamento e Promoción e Animación). Outros 15 quedaron á espera por non dispoñer de máis fondos.

Creación e consolidación de emprego

Así, nestes dous anos houbo un investimento total de 3,7 millóns de euros, sendo case 1,5 subvencionados.

Un dos datos máis importantes é a creación de 34 empregos. O que sumado aois 83 empregos consolidados provoca un nivel de Execución Acadado do 91,23%.

Os 15 proxectos que están en lista de espera crearían outros 9,5 empregos, e consolidarían 121, partindo un investimento de 2,5 millóns, dos que 739.000 serían subvencionados.

Novas relacionadas

Comentarios