O impacto económico dos parques eólicos nos Concellos de Muxía, Laxe e Vimianzo
08:41 11/06/18
Parque eólico de Vimianzo Facíamos hai un par de semanas un completa análise da repercusión dos parques eólicos nos Concellos da Costa da Morte. Esta semana, da man de José María Suárez, técnico municipal do Concello de Santa Comba, analizamos un par de casos concretos. Unha análise de pura economía municipal, con cifras que non valoran a incidencia cultural, paisaxística e medioambiental de cada proxecto concreto. Imos por VImianzo, Laxe ou por Muxía, onde xa se instalou o primeiro parque dos 13 anunciados nos últimos anos na comarca, tras un longo parón, coa excepción do municipal de Cerceda e a repotenciación de Vilán.
Caso Vimianzo = 1,5 millóns
Con varios proxectos en proceso de aprobación, e que serán unha realidade en 2019, o Concello de Vimianzo pensa recibir case 1.5 millóns de euros, gracias ao 3% do ICIO (Imposto sobre construcións instalacións e obras), ao que hai que sumar un taxa de tramitación de 0,5% adicional. Deste xeito, dos máis de 42 millóns do proxecto corresponderalle percibir 1.481.788 euros. Pero entre taxas e posibles convenios, espera obter máis desa cantidade. Para facer unha comparación, esta cifra é maior que o que lle reportou o Plan POS 2017 da Deputación ese mesmo ano (1.157.093,74€), sendo este programa unha das fontes máis importantes de financiamento dos concellos da provincia. Facendo unha comparación coas obras municipais, as cofras son aínda máis importantes. Con 1,5 millóns de euros o Concello de Vimianzo podería realizar case 40 parques infantís como o de Berdoias e áreas recreativas como a Ogas (POS 2017 37.606,80€). Podería optar por realizar 16 redes de saneamiento como as de Vilaseco (Plan Complementario da Diputación 95.200€), ou por 11 aperturas de senllas como as de Ogas (Plan Complementario da Diputación 116.299,05€), tamén se podería decantar por realizar case 15 construcións de beirarrúas e saneamientos como o de Pasarela (Pos 2017 105.951,05€), ou por realizar 27 redes de saneamiento como as da Piroga (Pos 2017 53.950, €), ou ata case 12 senllas peatonales como as de rego de cambeda (Pos 2016 133.840 €). Podería optar tamén por destinar catro veces máis a afrontar os gastos correntes anuais do concello (Pos 2017 353,234,55€).Caso Muxía = 4 millóns
O pasado xaneiro anunciábase que o Concello de Muxía ingresaría case 4 millóns de euros grazas á construción do parque eólico que promueve a compañía EDP Renovables. Unha cifra estratosférica, superior ao orzamento anual de moitos concellos da zona. Finalmente logo de diferentes cambios, pois algunhas actuacións afectaban á Ruta Xacobea, serán 68 megavatios en 34 molinos, de case 80 metros de alto e 80 de rotor, distribuídos polos montes das parroquias de Morquintián, Touriñán e Nemiña. O Alcalde manifestou á prensa que “co diñeiro do parque eólico evitará subir impostos, comprará un camión do lixo, un tractor, e diferente maquinaria municipal, fará melloras no Camiño de Santiago, poñeralle céspede artificial ao campo de fútbol, construirá parques infantís, recuperará a contorna da Barca, acondicionará toda a contorna de Touriñan, o de Moraime, acometerá obras importantes que afectan a moitas áreas e sinala que dará cumprimento a todas e cada unha das obras do programa electoral”. Pero pasa saber con exactitude o que esas cifras supoñen para un concello como Muxía, imos realizar unha comparación similar á Vimianzo extrapolando datos do día a día da vida municipal. E en primeiro lugar ímolo a facer, do mesmo xeito que con Vimianzo, co o plan Pos 2017 (Plan Provincial de cooperación de obras e servizos municipais da Diputación da Coruña) que o organismo provincial concede aos concellos e que é a base do investimento infraestructural en todos municipios da provincia. O Plan Pos 2017 reportoulle ao Concello de Muxía un total de 851.875,23 €, e no mesmo inclúese tanto a achega provincial para as obras do ano 2016 (230.236,55€), para as do 2017 (374.134,39€), e o denomiando préstamo provincial 2017 (247.504,29€). Con esta cifras pois do mesmo xeito que no caso de Vimianzo é fácil deducir: Os ingresos de case 4 millóns de euros que di o Alcalde que ten previsto ingresar o Concello de Muxia só pola construción do parque eólico é o equivalente (máis ou menos en números redondos), a 17 plans do obras provinciales como o do 2016 (230.236,65€) ou a case 11 como o do 2017 (374.134.39€). Dito doutra forma, si a Diputación deixase de aportar cantidade algunha, o Concello de Muxía tería garantidos orzamento suficiente para afrontar un plan similar durante polo menos 13 anos (máis de tres legislaturas). Si comparámolo con obras, con 4 millóns de euros o Concello de Muxía podería realizar case 16 travesías como as que acondicionou entre Merexo e Os Muiños (Plan Complementario da Diputación 256.610,87 €), ou máis de 107 melloras de núcleos como do de Bardullas (Pos 2016 37.182,44€) ou case 21 acondicionamientos de camiños interiores como os de Chorente (Pos 2016 193.054,11€).Laxe = 300.000€
O proxecto, que está a exposición pública conta cun orzamento de 9.713.692 euros e prevé a instalación de dous aerogeneradores de 80 metros de altura, cun diámetro de rotor de 114. Cada un deles terá unha potencia unitaria de 2,5 megavatios, mentres que a produción conxunta estará limita a 7,35. Co ICIO ao 3,5 % Laxe ingresaría 292.483 euros, sen contar os posibles convenios e taxas de tramitación. As cifras tanto de investimento, número de molinos e megavatios, distan moito das de Vimianzo e Muxía, pero as cantidades a ingresar para Laxe non deixan de ser importantes para o municipio. Para comparar, o Plan POS 2017 da Deputación repórtalle a Laxe uns 416.175,16 € e no mesmo inclúese tanto a achega provincial para as obras do ano 2016 (112,479,77€), para as do 2017 (182,779,63€), e o denominado préstamo provincial 2017 (120.915,76€). Deste xeito, os ingresos de 292.483 euros só do ICIO, son máis do dobre que todo o plan de obras provincial do 2016 (112,479,77 €), e aínda lle sobrarían 67.523,46€. É máis do dobre do que o Concello de Laxe destinou a cubrir a débeda contraía co Banco de Sabadell (120.915,76€), e é case o mesmo que o concello destinou ao pago de proveedores en 2016 e 2017 dentro do permitido no Plan Pos 2017. Si comparámolo con obras, só coas taxas do ICIO, Laxe podería construír dous gimnasios máis como o que ten previsto realizar próximamente con diñeiro do POS e aínda lle sobrarían 45.690,10 euros. Podería optar por realizar 8,5 pavimentaciones no municipio como as das rúas Besugueira, Val-Inclán e Juan Soto (Pos 2015 34.706,24 €). Podería optar tamén por realizar 6 mantementos da ETAP Badalama e piscina municipal como as realizadas no 2015 dentro do POS (46.481,40€).Artigos eólicos
https://quepasanacosta.gal/como-repercute-a-invasion-dos-eolicos-nos-concellos-da-costa-da-morte/- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Novas eólicas
- Xuño 18: Os 22 elementos patrimoniais que afectan, pero non impiden, o Proxecto eólico Pena Forcada-Catasol.
- Abril 18: Tres novos parques eólicos da comarca declarados “interese especial”.
- Abril 18: Ventonoso intentou aportar información aos afectados pola repotenciación do parque eólico de Corme.
- 15-02-18: Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
- 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 2011: Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
Máis novas
- Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Redacción QPC ([email protected])