O Instituto de Estudos Bergantiñáns e o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, exemplos de asociacionismo cultural no MPG

O Museo do Pobo Galego impulsa unha iompor xornada “O futuro dun legado. Encontro do asociacionismo cultural galego a cen anos do Seminario de Estudos Galegos”. E como non podía ser doutro xeito, formarán parte deste evento dúas entidades históricas da nosa comarca. Non faltarán este sábado 1 de xuño no museo compostelán representantes do Instituto de Estudos Bergantiñáns e do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, as dúas entidades que levarán o traballo.
A cita servirá de colofón ao programa de actos con motivo dos 100 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos e coa que o Museo, unha das institucións herdeiras daquela entidade, pretende poñer en valor o traballo das asociacións que, de maneiras diversas e desde distintos puntos do país, continúan aquel labor iniciado polo SEG.
Participarán estas 30 entidades:
- ADEGA Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Agrupación Astronómica Coruñesa ÍO, A Coruña (A Coruña)
- A Sega, plataforma feminista de crítica literaria, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Asociación Cultural A Caniceira, A Pobra de Trives (Ourense)
- AGG – Asociación do baile e a música de tradición galega, Cerdedo-Cotobade Pontevedra)
- Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Melide (A Coruña)
- Asociación Cultural Prestadora de Servizos Á Xuventude “Pesquedellas”, Betanzos (A Coruña)
- Asociación Cultural O Galo, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Asociación O.R.A.L. de Galicia, Vigo (Pontevedra)
- Asociación Cultural Os Penoucos, Valga (Pontevedra)
- Asociación Río Miño Ignacio Gago, Arbo (Pontevedra)
- Asociación Cultural Trépia, Pontevedra (Pontevedra)
- Associaçom cultural A Gentalha do Pichel, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Ateneo Ferrolán, Ferrol (A Coruña)
- Buxa. Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Ames (A Coruña)
- Colectivo A Rula. Asociación cultural de divulgación e protección de arte rupestre, Teo (A Coruña)
- Clara Corbelhe, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Club Cultural Valle-Inclán, Lugo (Lugo)
- Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), Vilalba (Lugo)
- Instituto de Estudios Vigueses (IEV), Vigo (Pontevedra)
- Instituto de Estudos Bergantiñáns (IEB), Carballo (A Coruña)
- Instituto de Estudos Ulloáns, Monterroso (Lugo)
- Instituto de Estudos Miñoráns, Gondomar (Pontevedra)
- Ponte... nas Ondas!, Vigo (Pontevedra)
- PuntoGal, A Coruña (A Coruña)
- Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Vimianzo (A Coruña)
- Sociedade Xuvenil Galega de Química, Santiago de Compostela (A Coruña)
- Zona Hadal, Betanzos (A Coruña)