Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O SEMESCOM presentan alegacións ao Plan de Xestión dos Penedos esixindo un Centro de Interpretación

Antiga Escola de Pasarela Enrique Labarta Pose-Foto-Arquivo da Emigracion Galega
O SEMESCOM propón facer un Centro de Interpretación na Antiga Escola de Pasarela Enrique Labarta Pose-Foto-Arquivo da Emigracion Galega
O SEMESCOM presentan alegacións ao Plan de Xestión dos Penedos esixindo un Centro de Interpretación

O Seminario de Estudos Comarcais, unha das entidades con máis peso na Costa da Morte, vén de presentar ante a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia un documento de alegacións ao Plan Xeral da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, que se atopaba en período de exposición pública ata o día de hoxe.

As alegacións considera “positiva a prohibición de actividades na contorna desta Paisaxe Protexida que produzan grande impacto no media” pero lembra que aínda segue en marcha o Parque eólico de Pena dos Mouros.

Sobre o financiamento sinalan que “non nos parece adecuada a distribución de temporalidade (5, 10 e máis anos) e de prioridade (alta, media e baixa) que se fai de cada unha das actuacións por ser pouco realista e efectiva. Ten sentido propoñer unha actuación a máis de dez anos cun orzamento actual?”, pregúntanse, sinalando que se execute nun prazo de dous anos.

Consideran positiva a habilitación dunha área destinada a aparcadoiro na zona do Cruce do Brañal, e piden un mínimo de dúas limpezas ao ano.

Sobre a sinalización valoran que “a instalación de paneis informativos ou interpretativos deberían ser os estritamente necesarios sobre o espazo protexido para producir o menor impacto posible”.

Seguramente o punto máis importante é a aposta pola “creación dun Centro de Interpretación dos Penedos no edificio da antiga casa-escola Labarta Pose de Pasarela, situado no centro desta localidade, a máis próxima a esta paisaxe protexida e tamén punto de partida da maioría dos visitantes deste espazo”.

MÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios