Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo
E continúan os bravos da Asociación Íntegro achegando a diversidade funcional polas escolas, o mellor xeito de normalizar a diferencia. Xa convertiron en Diversiescolas os centros de ensino de Laxe, Cabana e Buño, e esta semana tocaba Carballo. Volverán á capital bergantiñá e se achegarán a Muxía para finalizar o proxecto a semana que vén, pero antes repasamos as actividades que realizaban onte.
Este pasado martes 20, parte do equipo técnico da Asociación INTEGRO, formado por María Paz (educadora social) Anahí Villar (monitora) e Beatriz Antiqueira (directora do centro de recursos) desprazouse ao CEIP Fogar de Carballo para facer unha intervención co alumnado de 1º de primaria.
En primeiro lugar, fíxose unha sesión de contacontos na aula de audiovisuais do centro á que asistiron os 75 alumnos do 1º curso de primaria, na sesión leuse o conto A verdadeira historia do Patiño diverso, unha adaptación do conto O patiño feo que fixeron as usuarias e usuarios do centro de recursos de INTEGRO adaptación ilustrada tamén por eles. Para a segunda parte da intervención o alumnado desprazouse ata o pavillón onde se dividiu o grupo en tres para que puideran pasar polo circuíto de actividades e así probar a realizar unha proba de slálom, xogos como o dominó ou a orientación espacial utilizando antefaces ou intentar encestar unhas canastas dende a cadeira de rodas.
Así de xeito lúdico trátase de mostrar ao alumnado mais novo como se poden facer actividades adaptando os recursos e desarrollando a imaxinación de xeito que se facilite a inclusión de todas as persoas en todas as áreas da vida.
Novas relacionadas
- Íntegro convertiu o cole de Laxe noutra Diversiescola.
- Cabana acolleu a final da copa galega de baloncesto en cadeira de rodas.
- Íntegro convirte o CEIP de Buño nunha Diversiescola.
- A Diversidade achegouse á escola de Muxía.
- Íntegro focaliza a súa acción na Igualdade de Xénero.
- “A completa cidadanía das persoas con diversidade funcional pasar pola normalización familiar, educativa e laboral”.
- Unha tarde en Camariñas cos artesáns e regatistas de Íntegro.
- Íntegro animou aos alumnos de Baio a sacarse o Pasaporte Solidario.
Novas relacionads
Fonte
- Información e fotos achegadas por Íntegro.