Intentan recuperar o Consorcio Turístico da Costa da Morte con participación pública e privada


O asunto vén de lonxe. Xa no 2008 se puxo en marcha o Consorcio, cunha xunta xestora dirixida polo ex alcalde de Malpica, coa intención de agregar as entidades do sector turístico da Costa da Morte. Os atrancos e o desplante da Xunta retrasaron a súa posta en marcha. O propio vicepresidente da Deputación aseguraba en xaneiro de 2010 que "o Consorcio estará listo antes do verán". Un ano despois sacamos de novo o asunto da caixa, para intenalo de novo.
Onte, durante a apertura do curso da Universidade da Coruña (UDC) "A evolución do turismo no marco da sociedade global: retos para a súa planificación e xestión", que se celebra no Pazo da Cultura de Carballo, o Consorcio de Turismo da Costa da Morte volveu a actualidade.
E o fixo da man do presidente da Asociación de Profesionais do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM), Manuel Pan. Este anunciou que a entidade está traballando para "retomar a creación dun Consorcio de Turismo", unha idea malograda no pasado pero que agora quere recuperarse "facendo un proxecto de integración" e collendo "con forza" a tarefa de crear este organismo.
Pan xa manifestara a necesidade de unha unidade no sector, polo que a creación con Consorcio prevese fundamental para comunicarse coas administracións.
Un proxecto da Costa
O Consorcio estaría formado polas entidades públicas locais, (que non a Xunta) ademais de empresas privadas e entidades do sector. Pan asegura que "o noso proxecto pasa porque sexa a Costa da Morte coas súan entidades, empresarios e concellos a que se autoorganice sen necesidade de entidades foráneas. Se, despois alguén de fóra se une, perfecto".
Pan falou de que o presuposto rondaría os 100.000€, dos que os concellos terían que aportar tan só uns 2.000€ anuais.
Novas relacionadas
- APTCM constata que a perda de investivementos na Costa por falta de unidade no sector.
- O sector hostaleiro de Fisterra tamén está “indignado".
- O Parador de Muxía comezará a construirse en setembro.
- 18-01-10: "A pesar dos atrancos, o Consorcio estará listo antes do verán" .
- 28-07-09: A Xunta non formará parte do Consorcio de Turismo.
Fonte
- Concello de Carballo.
- La Opinión.