O Parador de Muxía comezará a construirse en setembro


Hoxe, mércores 15 de xuño de 2011, deuse un novo paso para que o Parador de Muxía sexa unha realidade. Se hai un mes dous Ministros visitaban a zona, e se aprobaba o orzamento de 25 millóns de euros, esta mañá o alcalde muxián Félix Porto vén de manter unha reunión co Ministerio e con Turespaña para ir pechando datas.
De feito, Porto aseguraba que "temos a luz verde para que sexa unha realidade en breve". Destacou que a primeira pedra poderá ser instaurada a primeira semana de setembro, "pero eu quero que sexa unha primeira pedra que coincida coas obras, non unha desas primeiras pedras para a foto", matizou Porto. Así, o Parador estará operativo antes de que remate esta recén estreada lexislatura, aló polo 2015.
Adaptando o proxecto a realidade
A reunión tratou varios aspectos técnicos. I é que o proxecto de Alfonso Penelas ten detalles moi interesantes que cómpre matizar. O aproveitamento enerxético "debe ser adaptado á realidade", segundo Porto, "pero esperemos que o propio Penela poida ter varias reunións con Turespaña para solucionalos no prazo dun mes".
Novas relacionadas
- 16-05-11: Dous Ministros visitan a zona do Parador.
- 06-05-11: Aprobados 25 millóns de euros para o Parador de Muxía que será unha realidade en 3 anos.
- 15-04-11: O BNG pregunta polo Parador.
- 20-09-10: Presentado oficialmente o Parador de Lourido.
- 25-01-10: As dúas e distintas vitorias sobre o Parador.
- 22-01-10: A Xunta aproveita aproveita a Fitur para anunciar o desbloqueo do Parador.
- 13-12-09: Fin de ano Parado.
- 13-11-09: O Parador terá que esperar.
- 02-11-09: Cruce de responsabilidades en torno ao Parador de Muxía.
- 30-10-09: O PP afirma que o Parador está parado dende Madrid por irregularidades no concurso.
- 09-09-2009: O Parador apelídase Penela.
- 29-04-2008: Sae a concurso o anteproxecto do edificio do Parador de Muxía.
- O recuncho da Costa (LXXII): A praia de Lourido.
Fonte
- Radio Nordés - Cadena Ser.