Mércores. 24.04.2024
El tiempo

"O sector de hostalería debería mirar as condicións laborais que ofrecen, porque xente para traballar hai"

Tapa da hostaleria da Costa da Morte
"O sector de hostalería debería mirar as condicións laborais que ofrecen, porque xente para traballar hai"
A semana pasada os hostaleiros da comarca movían ficha, co IES Ramón Caamaño, para conseguir un FP de Hostalería e Restauración. Unha alianza moi positiva para unha comarca que cada vez tende máis cara o sector turístico.

Argumentan os empresarios do sector que “non atopan profesionais cualificados na zona”, o que moitas veces “os obriga a reducir os horarios de apertura dos seus negocios pola falta de traballadores”. Unhas palabras que non sentaron ben entre algúns profesionais, como é o caso de Iván A.

”En dous locais que fun a Muxía a preguntar por un posto que tiñan vacante, ofrecían traballar de xuño ata pasada a Barca, sen un só día libre, xornada completa, por 800€”, explica. “Outro, xornada completa sen un día libre todo o verán, e máis horas que o anterior, 1.000€”, sinala denunciando que “teño chegado a facer 16 horas, e que o mínimo soe ser 10 horas”. Horas extras que denuncia que nunca son pagadas: “sorte si che dan un par de horas libres de tarde, porque o de dar un sobre coas horas extras non existe nin de coña”.
Ata denuncia que noutro local o botaron por coller unha baixa, “intentando enganarme para que firmara como que renunciaba eu ao posto de traballo”.

Sinala que moitos hostaleiros deixan claro antes de empezar as xa lamentablemente “míticas frases” de “a hostelería e así, que o verán é para traballar”. “Por iso a todos os que traballamos en hostalería nos molesta que sempre anden dicindo que non atopan xente, cando realmente xente sobra para traballar. A min encántame traballar tanto de camareiro como de cociña, pero este verán, por exemplo, preferín estar traballando no monte, picando leña e plantando arboles que estar en hostelería, sendo moitísimo máis duro.

En calquera caso, este veciño da zona, se ben deixa claro que non todos os establecimentos operan igual, “hai algúns que cumplen os dereitos, pero que é moi difícil que busquen xente porque os seus empregados aguantan moito tempo”.

Novas relacionadas

Comentarios