Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Lógar: “O documental intenta coller unha figura case mitolóxica en Galicia, como é a dos percebeiros, e humanizala"

Fin de semana de vertixe para o directo Manuel Lógar. A estrea da documental sobre a vida e o traballo dos percebeiros de Muxía tivo lugar este venres en ducias de salas de todo o estado. Ademais, este sábado estivo nas Xornadas de Sostibilidade do Monte e o Mar que se celebraban en Corcubión, compartindo ademais experiencias cos asistentes.

Falamos con el da estrea, do documental e do estado de degradación da nosa sociedade.

Manul Logar rodando cos percebeiros de Muxia
Manuel Lógar rodando cos percebeiros de Muxia
Lógar: “O documental intenta coller unha figura case mitolóxica en Galicia, como é a dos percebeiros, e humanizala"
  • QPC: Que tal foi esa estrea a nivel estatal? E que tal as conversas no marco das Xornadas de Corcubión?

Estamos moi contentos polo apoio da xente nestos primeiros días de proxecións. É verdade que a primeira fin de semana é vital que a xente vaia ás salas para que poidamos sobrevivir outra semana máis, a competencia cos outros filmes é moi forte.

Foi ben, como primeira edición dunhas conversas como estas resultou moi interesante. É necesario poder falar do documental dende un punto de vista máis medioambiental. Pode ser que a película teña esa parte didáctica que, para a xente que descoñeza este entorno, axude a comprender e empatizar máis cos percebeiros.

  • QPC: Que che levou a situar a vida e o traballo dos percebeiros como centro da túa película-documental? dDe onde vén a túa vinculación coa Costa da Morte?

Ter a posibilidade de coller unha figura case mitolóxica en Galicia, como é a dos percebeiros, e humanizala, facela real que palpable. Creo que acercar ó público a realidade dos percebeiros e pescadores da Costa da Morte, pode axudar a empatizar con eles e crear conciencia sobre o abandono que está a sufrir o rural en Galicia, ou por que non dicilo, en toda Europa.

A miña vinculación é o simple interese e curiosidade polo seu traballo. Eu como neno de cidade, criado na Coruña, sentía que me faltaba sumerxirme nas nosas costas para entender as dinámicas e movementos sociais de Galicia. O hipnotismo que me provocaba o mar e as súas xentes foi a chispa que me fixo comezar a investigación, como traballo final de grao, ata chegar ós percebeiros de Muxía.

  • QPC: É o teu primeiro proxecto na Costa da Morte? Será o último?

É o primeiro, e en canto a longametraxes a miña ópera prima. Nos meus vindeiros proxectos gustaríame distanciarme do rural e tratar máis o entorno urbano galego, sen moita representación no cine galego. Pero definitivamente a atmósfera da Costa da Morte non é algo do que poidas esquecerte facilmente. Estou seguro de que no futuro acabarei volvendo a rodar de novo nestas costas, existe una pulsión que me empurra a facelo, aínda que podería ser tanto documental como ficción.

  • QPC: Que pensabas que ías atopar e que che atopaches en realidade?

Non esperaba encontrarme cun entorno tan poderoso, cunha forza sensitiva tan enorme, e ao mesmo tempo estar tan esquecido polas institucións. Creo que o modelo que están aplicando para a mellora social e económica na Costa non é o máis beneficioso para as súas xentes. Como todo na vida, incluso no traballo dos percebeiros, polo traballo de moitos gañarán uns poucos. A Costa da Morte é un patrimonio ecolóxico e cultural enorme, que debe tratarse como tal.

Manuel Logar gravando na Costa da MOrte copia

  • QPC: Canto tempo taballastes sobre o terreo e que destacarías da convivencia necesaria co teu obxecto de estudo?

Durante o ano anterior á rodaxe, fixen visitas esporádicas nas que ía coñecendo lugares e persoas, acotando así os posibles persoaxes, paisaxes, entrevistados…

Aínda que sendo cine documental, a improvisación é a túa arma de doble fío, para ben e para mal, polo que moitas cousas cambiaron na rodaxe. Esas visitas axudaron a crear un vínculo entre os percebeiros e nós, e a entender as súas dinámicas. Como sempre digo, sempre fomos moi ben acollidos, quizáis pola nosa intención de mostrarnos honestos co que buscábamos, e atenernos sempre aos consellos dos protagonistas, sobre todo nas rochas.

  • QPC: Cal é o teu obxectivo principal coa difusión do teu traballo en Galicia?

Non existe un obxectivo como tal. Facer películas creo que debe ser unha necesidade máis que desexo. Nesta película retrato una realidade que creo que é importante que se teña en conta, tanto en Galicia como no resto do mundo. Pero tamén expoño conflitos e sensacións persoais, que se misturan ata formar una película que, espero, chegue o interior dos espectadores, tanto na reflexión como nas emocións.

  • QPC: Que lles dirían aos mozos que nun futuro teñan ou desexen desenvolver proxectos de vida e traballo no rural galego?

Que se esta rexión é respetada e tida en conta polas institucións, e se acaba por entender que o rural non é o mesmo en toda a península, ou en toda Europa, que cada rexión ten as súas particularidades e necesidades, aquí hai futuro.

Aínda co cambio de mentalidade de cara ós avances no trato do medioambiente ten que facerse social e politicamente, co obxectivo de resultar favorables para a xente. A Costa da Morte, en canto a riqueza do seu entorno, pode chegar a rexurdir con forza dunha crise demográfica máis que evidente.

  • QPC: En clave medioambiental, consideras que ante o estado de degradación xeneralizada do planeta e dos seus recursos hai un aumento de sensibilización social respecto diso ou unha aposta social e política por iniciativas que integren propostas máis sostenibles co planeta, igualitarias en canto á perspectiva de xénero, ou que incorporen máis e distintas sensibilidades cara ao coidado?

Isto xa é algo evidente. O que se viviu no Prestige foi un adelanto do que debería estar por vir. As novas xeración saben co seu futuro pende dun fio, e agora eles teñen a sartén polo mango, están tomando o control. Como en tódalas revolucións, sempre haberá xente que intente aproveitarse destes movementos, tamén, como digo, ocorreu o mesmo no Prestige.

A loita medioambiental e social é una realidade, e a única maneira que entornos deprimidos e non tidos en conta polo modelo económico que manéxase estatalmente (contraproducente para elas) sobrevivan ó centralismo nas urbes, e coa loita por un entorno san e xusto. O futuro da Costa da Morte será ecolóxico, ou non será.

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Comentarios