Venres. 29.03.2024
El tiempo

‘A luz da ciencia’ comeza o ano relacionando pensamento científico e xénero

Luz e ciencia deputacion muller
‘A luz da ciencia’ comeza o ano relacionando pensamento científico e xénero

Seguindo a liña das Aulas Científicas de Dombate, a Área de Patrimonio da Deputación da Coruña lanza este xaneiro a cuarta edición do programa “A luz da ciencia”, desta volta con epicentro no Pazo de Mariñán e no Muncyt da Coruña.

Do o 13 e o 15 de xaneiro, estes encontros científicos, reflexionarán sobre as fendas de xénero que están vixentes no eido da práctica profesional e investigadora das disciplinas científicas, Perspectiva de xénero e ciencia nas aulas, realidade laboral e teito de cristal, e o enfoque na comunicación científica son os temas que centrarán as xornadas.

Cifras

O deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas pon cifras globais da ONU: menos do 30% de investigadores e científicos de todo o mundo son mulleres, e tan só 1 de cada 3 estudantes de carreiras universitarias do ámbito CTIM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) é unha muller.

Relatoras

As tres sesións correrán a cargo de relatoras que coñecen de primeira man a realidade da práctica científica. Así, a primeira xornada, dedicada a ‘Didáctica das ciencias experimentais’ contará coa participación de Mireia Colom e Susaina Figuera da Fundació catalana per a la recerca i la innovació;
A sesión sobre ‘Ciencia investigación e xénero’ correrá a cargo de relatoras da Rede galega de investigadoras: María de la Fuente Freire, Elena Lendoiro Belío, Vanessa Valdiglesias García, e Zulema Varela Río;
Mentres que a sesión sobre ‘Divulgación, comunicación científica e xénero’ reunirá a Maite Vence, Paula Otero Sánchez e Isa Loureiro que abordarán tres proxectos de divulgación desde diferentes perspectivas e con públicos obxectivo específicos.
Ademais, o sábado 15, ás 16:30h no Muncyt, a ilustradora Isa Loureiro impartirá un obradoiro de ilustración que tomará como fío condutor a ruta das camelias do Pazo de Mariñán.

Inscrición

A asistencia ás xornadas é de balde, mais será preciso realizar inscrición previa a través deste formulario.

Novas relacionadas

Comentarios