Venres. 29.03.2024
El tiempo

Nace a Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco para loitar contra a planta de residuos da Furoca

Nace a Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco para loitar contra a planta de residuos da Furoca
plataforma-en-defensa-da-terra-de-coristanco Aló por 2013, o entón alcalde popular Antonio Pensado daba a licencia provisional á empresa “Gestión Maracaná Galicia, SL (GESMAGA) para a construción dunha planta de almacenamento e valorización de residuos industrias, situada no lugar de A Furoca, na parroquia de San Paio no concello de Coristanco. Xa daquela varios veciños denunciaban á APLU a idoneidade da ubicación da planta. Agora en setembro de 2016, tres anos despois da licenza, dáse a coñecer o Informe de Impacto Ambiental que debería ser presentado no seu momento para obter a licenza provisional. Un proxecto que terá en fronte unha parte da veciñanza, que vén de crear a Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco, co obxectivo principal da mesma é a defensa da terra e dos dereitos da veciñanza no Concello. O seu primeiro foco de atención será esta proxecto que considera “sumamente lesivo para a veciñanza, non só da parroquia, senón tamén para o conxunto do concello”. Entenden dende a Plataforma que “supón unha grave ameaza aos núcleos habitados na parroquia; a emisión de gases altamente contaminantes, a filtración aos acuíferos existentes de todo tipo de minerais pesados e restos dos elementos tratados na planta de xestión dos residuos industriais; a incidencia destes axentes contaminantes nos cultivos, especialmente a pataca de Coristanco; os altos índices de ruído e po que van ter especial incidencia, non só na vida das persoas, senón tamén na riqueza gandeira que se está a explotar na zona”. Por iso vai “solicitar ao concello toda a información sobre o proxecto e poder dispor de locais axeitados para que a Plataforma poda convocar á veciñanza das parroquias e do concello e así informar do alcance deste proxecto e da incidencia do mesmo”.

Novas relacionadas

Máis novas

 

Fonte

  • La Voz.

Comentarios