Nace a tarxeta benvida que a Xunta recargará mensualmente con 100€
07:10 04/12/15
A punto de entrar no 2016, ano de eleccións no Parlamento galego, xa comezan a xurdir as primeiras medidas electoralistas. Así, o consello da Xunta aprobou onte a súa nova vesión do cheque-bebé que agora pasa a chamarse "tarxeta benvida".
Da nova iniciativa, coa se pretende apoiar a natalidade, poderán beneficiarse todos os nenos e nenas nados a partir do 1 de xaneiro de 2016. Durante os seus primerios meses de vida, os proxenitores recibirán mensualmente 100€ que para destinalos á compra de productos alimentarios, artigos para a hixiene e para o gasto farmacéutico de menciñas comúns ou vacinas que non cobre o Sergas, como a da meninxite B.
En total, unhas 17.000 familias poderán beneficiarse da tarxeta benvida. Éstas deberán ter unha renda, no conxunto da familia, inferior aos 45.000 euros anuais. No caso de renda por persoa, ten que ser menor de 13.500 euros ao ano.
Na súa presentación, a Xunta informou que non é obrigatorio gastar os 100€ no mes, polo que son acumulables ainda que a tarxeta ten validez tan só por un ano.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)