Nova convocatoria das axudas a ONG da Deputación que permitiron mellorar a captación de auga en Costa de Marfil
Este depósito que vemos na imaxe, así como as obras de canalización de auga para o proxecto agropecuario en N´Zida (Costa de Marfil), foi desenvolto pola ONG Egueire. A entidade mazaricá está realizando unha acción exemplar en terras africanas, formando dous mozos no EFA Fonteboa e colaborando economicamente para desenvolver un proxecto agrícola autosuficiente e autoxestionado.
O Depósito foi adquirido gracias ás axudas do pasado ano da Deputación da Coruña, sendo un dos 17 proxectos de África, Sudamérica, Centroamérica e India nos que a entidade provincial quixo poñer o foco.
A Deputación volve abrir unha liña de axudas cun orzamento de 230.000 euros para ONGs da provincial, para financiar proxectos de axuda ao desenvolvemento e cooperación exterior en América Latina ou África.
As bases destas axudas, publicadas no Boletín Oficial da Provincia, está aberta á concorrencia das entidades que traballen no campo da cooperación internacional, a axuda humanitaria e á educación para o desenvolvemento e que teñan domicilio social na provincia da Coruña, e establecen dúas liñas de subvencións diferenciadas, unha para o financiamento de actividades, dotada con 115.000 euros, e outra para investimentos, cun orzamento doutros 115.000 euros.
As entidades participantes poderán solicitar axudas para o financiamento de actividades ata un importe máximo de 20.000 euros, mentres que no apartado de investimentos o importe máximo a financiar será de 32.000 euros. A Deputación achegará entre o 20% e o 80% do total do orzamento de gastos estimado.
Novas dos proxectos de Egueire
- Marzo 2020: O proxecto agropecuario de Egueire en Costa de Marfil xa dá os seus froitos.
- Decembro 2019: Egueire aproveita a Cea Solidaria para contar como se desenvolven os proxectos creados en Costa de Marfil cos cartos da solidariedade galega.
- Outubro 19: Egueire bota a andar, superando adversidades, o proxecto agropecuario en Costa de Marfil.
- Xuño 18: As Miradas de Marfil de Marcos Rodríguez enchen de compromiso o Claustro de Fonseca da USC.
- Decembro 17: Egueire inaugura a nova maternidade de Costa de Marfil con acento da Costa da Morte.
- Novembro 17: A experiencia de Égueire en Costa de Marfil.
- Xullo 16: Dous mozos de Costa de Marfil fórmanse no EFA Fonteboa para crear unha escola agrícola no seu país.