domingo. 25.05.2025
El tiempo

Novas oportunidades para que os adultos sen formación saquen as Competencias Claves e a ESO

Novas oportunidades para que os adultos sen formación saquen as Competencias Claves e a ESO
comp clave sta comba

Co curso iniciado da Educación de Persoas Adultas (EPA) (dase no Instituto Fernando Blanco de Cee, IES Isidro Parga Pondal de Carballo, IES Fontexería de Muros e no IES de Ponteceso) novas ocasións se presentan para todos eses adultos que non teñen sacado a ESA, e que necesitan un título para exercer calquera profesión..

Por un lado, Santa Comba comeza o 14 de febreiro cos cursos preparatorios para sacar as Competencias Clave (Nivel 3), un requisito fundamental para os novos certificados de profesionalidade. Son clases que se imparten polas tardes no edificio multiusos, onde poden xa inscribirse no 981 818710.

Ademais, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de anunciar a convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de dezaoito anos, nas convocatorias de maio e setembro (DOG núm. 16 Martes, 23 de xaneiro de 2018).

Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: do 12  ao 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: do 2 ao 9 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

O Centro carballés do IES Isidro Parga Pondal será o que acolla estas probas, para as que xa poden descargar certos materiais didácticos.

 

Novas relacionadas

Comentarios