![]()
Mañá, ás 11 horas, a escola da Natureza de Oza acolle un faladoiro organizado pola Plataforma pola defensa de Monte Neme na que intervirá o activista medioambiental
Martin Hutchinson, e o seu can Starsky no seu percorrido por todo o mundo en bici.
Durante o encontro, aberto a todos aqueles interesados, falarase sobre as agresións medioambientais e o problema dos residuos, en concreto o lixo e os plásticos que ateigan os mares e praias. Tamén se afondará na particular viaxe deste activista por todo o mundo para concienciar destes problemas. Se o tempo o permite posteriormente farase unha andaina ata o cumio do Monte Neme.
A organización recoméndalle aos asistentes levar roupa de abrigo e calzado cómodo para a andaina, o acto é aberto e de balde sen precisar inscripción previa. Para calquer dúbida poden contactar coa plataforma a través do correo electrónico info@monteneme.org.
Escola Ambiental de Senda Nova
![Martin-Starski-Costa-da-Morte]()
Martin Hutchinson e o seu can Starski estiveron hoxe no Espazo da Natureza que a asociación ambiental Senda Nova ten en Oza
Pero este non é o único que manterá o activista durante estes días. Precisamente hoxe, a iso das 11 horas, Martin Hutchinson e o seu inseparable can Starski, chegaron ao Espazo da Natureza de Oza cando os nenos e nenas da escola da
asociación Senda Nova comezaran xa a sesión de ecoloxía, precisamente nun avance sobre o persoeiro que Ángela, monitora da Escola, se encargara de expoñerlle.
A lección do activista foi total. Dende a exposición sobre os tipos de plásticos e a súa problemática ambiental, sobre todo nas nosas costas, ata a propia forma de activismo internacional coa súa bici e o seu can Starski.
Numerosas fotografías dun montón de países facilitaron a exposición de Martin cos rapaces. Un periplo por diversos lugares de Europa e América. Dende cada recuncho busca a sensibilización sobre o lixo e a importancia global dunha problemática en claro avance nos últimos anos, como afirma Hutchinson. Hutchinson mostrouse moi consciente coa realidade galega respecto ao
lixo mariño e tamén moi interesado en temas e especies específicas como a Píllara das Dunas, a cal saíu a relucir a través da exposición dos rapaces. Martin mostrouse incluso máis favorable aos programas sobre a sensibilización do lixo mariño en xeral da reciclaxe e o consumo de envases non retornables.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Plataforma pola defensa de Monte Neme