Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Álbum da Costa traspasa fronteiras

O Álbum da Costa traspasa fronteiras
Dossier de prensa do Album de Cromos do Futbol da Costa

Apenas hai unha semana que anunciamos a presentación e a repercusión mediática do Album de Cromos do Fútbol da Costa está sendo espectacular, demostrando o poder que ten o noso fútbol máis alá das nosas invisibles fronteiras. Xa van máis de media ducia de aparicións en radios, xornais dixitais e xornais en papel, e en breve daremos o salto á televisión coa visita que a TVG nos prestará este vindeiro xoves en Corcubión. Estaremos varios promotores do proxecto con varios xogadores, e estamos intentando conseguir un centro de ensino para facer un bo numerito.

Pero imos repasar as aparicións do Álbum pola media galega. E comezamos polos portais dixitais máis seguidos do país, como son o Galicia Confidencial que titulaba Cromos para fomentar o fútbol da Costa da Morte". Pola súa banda Praza facía unha boa reportaxe cun "O fútbol da Costa da Morte xa ten o seu álbum de cromos".

A iniciativa tamén tivo repercusión nos medios tradicionais como El Correo Gallego que titulou o artigo así: Las ‘estrellas’ del balompié de la Costa serán protagonistas de un singular álbum de cromos. E tamén La Voz fixo un pequeno oco, só en papel, relativo, non vaia ser, á Gala de Presentación do sábado en Santa Comba.
Tamén webs da zona como Piratas de Muxía tiñan a ben publicar unha pequena reseña sobre a Gala.

En radio

Foron xa varias as entrevistas radiofónicas que levamos facendo os promotores. A pasada semana era Manuel Varela o que falaba na Radio Nordés-Cadena Ser.

Hoxe, era Ubaldo Cerqueiro o entrevistado no matinal "Arredor de nós" da Rede de emisoras municipais galegas, Radiofusión. Ubaldo falaba despois da entrevista con Tino Fernández, candidato á presidencia do Deportivo e o facía tal que así:

Ademais, e en "primetime" falaba Alberto Pose no programa Galicia en Goles Fin de semana con Xoán Galán. Un dos programas líderes das tardes-noites do domingo e que sempre está ao tanto do fútbol modesto, e que tamén quixo coñecer de primeira man o proxecto. Podedes escoitar falar sobre o Fútbol da Costa a partir do min.23:

Seguiremos facendo chegar a promoción máis alá das nosas fronteiras, demostrando o poder do gran Fútbol da Costa.

Toda a información sobre o Álbum de Cromos

Xa tendes toda a información sobre como facervos co Álbum de cromos en:

Máis novas sobre o Álbum de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios