Martes. 16.04.2024
El tiempo

O alcalde de Carballo transmítelle ao xerente de Xestión Integrada do Sergas a necesidade de máis pediatras no centro de saúde

O alcalde de Carballo transmítelle ao xerente de Xestión Integrada do Sergas a necesidade de máis pediatras no centro de saúde
protesta-pediatras-carballo Pais e nais, persoal sanitario e membros do goberno de Carballo manifestaronse onte para reclamar máis pediatras en Carballo Unha vez, o servizo de pediatría volve a ser un problema na Costa da Morte. Veciños do concello de Zas, por exemplo, teñen que desprazarse ata Camariñas para facer uso deste servizo público. En Carballo tamén hai problemas a este respecto, xa que hai unha escaseza de persoal especilizada nesta área. Precisamente onte, o alcalde de Carballo - Evencio Ferrero - se reuniu co xerente de Xestión Integrada do Sergas a necesidade de máis pediatras no centro de saúde carballés. Á mesma hora, un grupo de nais, pais e persoal sanitario concentrábanse ás portas do centro de saúde para reclamar máis pediatras. Segundo explicou o alcalde ao remate da reunión, o representante da Consellería de Sanidade asegurou que intentarán solucionar o problema ampliando o cadro de persoal para que en vez dos 3 pediatras a xornada completa e 1 a media xornada que hai na actualidade pasen a ser 4 a xornada completa. Outras necesidades sanitarias O alcalde aproveitou a xuntanza para poñer sobre a mesa outras necesidades en materia sanitaria, entre elas a ampliación de especialidades e prestacións para incluír, por exemplo, cirurxía e ecografías, ou a solución aos problemas periódicos de listas de agarda. O xerente de Xestión Integrada achacou eses problemas a circunstancias “temporais”, fundamentalmente derivadas das vacacións estivais, e expresou a súa intención de mellorar a situación pouco a pouco.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios