O BNG comarcal pregunta polo Plan Revive e mira con recelo o 2012 do PP para coa Costa da Morte
En QPC xa fixemos balance do 2011. Hoxe é o grupo do BNG da Costa da Morte o que envía a súa valoración sobre as políticas aplicadas na nosa comarca polo goberno da Xunta. Como non podía ser doutro xeito, a valoración do grupo opositor é "negativa".
Para o BNG, "o aumento do desemprego e da emigración, e a situación dos desérticos parques industrias son os principais problemas da nosa comarca, xunto cos continuos retrasos nas obras estratéxicas de comunicación, como a autovía a Carballo ou o peirao de Brens, infraestructuras que xa tiñan que estar rematadas segundo as previsións do propio PP cando chegou á Xunta no 2009, e que agora incumplen reiteradamente, como se pode comprobar nos orzamentos xerais para este ano".
"Onde están os 25 millóns de euros do Plan Revive?", pregúntase o voceiro comarcal Óscar Insua.
Ademais, Insua non ten moi boas miras para o futuro: "O 2011 foi un mal ano, o que vén parece que non vai ser mellor, os datos do desemprego na comarca están aí, e aumentan día tras día, e o PP segue sen adoptar medidas, levan tres anos na Xunta sen rascar bola, tirando balóns fora, e sen poñer a andar as competencias en política de emprego".
Novas relacionadas
- O Prouxiarado de Mario Maceiras: Fusión de concellos e comarcalización: A pescada que morde a cola.
- Repaso ao 2011 na Costa da Morte.
- 815€ ao mes de media por un traballo na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).