domingo. 25.05.2025
El tiempo

O BNG pide establecer o 1 de decembro, Día da Dignidade de Galicia

O BNG pide establecer o 1 de decembro, Día da Dignidade de Galicia
Manifestacion polo Prestige en Santiago o 1 de decembro 2002-Foto-Palacin Imaxe da Manifestación polo Prestige en Santiago o 1 de decembro 2002-Foto-Palacin

Non poucos lembramos aquela multitudinaria e emotiva manifestación do 1 de decembro de 2002 en Santiago de Compostela. Ducias de milleiros de persoas na rúa, demostrando que o pobo galego foi “un mar de dignidade, de paraugas, un berro unánime fronte o apagón informativo, fronte a mentira das praias esplendorosas, e os hilillos de plastilina, foi un berro contra a falta de medios”.

O pobo galego soubo organizar a solidariedade activa, a plataforma “Nunca Máis” aglutinou forza para saír á rúa e esixir responsabilidades.“A intensa choiva, non impediu que 300 mil persoas acudiran á chamada da plataforma Nunca Máis”, manifestación que logo repetiría en Madrid.

Por todo isto, o BNG quere deixar esa data como mostra da forza e da unión do pobo galego, para establecer o día 1 de decembro como “Día da Dignidade de Galiza” e regular a organización de actividades conmemorativas cada ano. Aquel día todos os galegos e galegos “deron unha lección de dignidade” e por iso demandan esta data sinalada “para recoñecer a todas as persoas que loitaron contra o chapapote do Prestige”.

Segundo o BNG foi a sociedade a que salvou a maior catástrofe medioambiental vivida nunca, e non a “nefasta xestión política”. E de feito, a voceira Montse Prado denunciou que pasados 15 anos do Prestige, a costa galega segue igual de indefensa, como lembraban a semana pasada na finada base de salvamento de Lires.

 

#15anosdoPrestige

Os voluntarios que cambiaron a Costa

Comentarios