O Cluster do Turismo imparte un seminario para profesionais e emprendedores do sector turístico
O vindeiro martes día 31 de outubro, o Plan de Formación do Clúster de Turismo de Galicia achégase a Carballo para realizar un Seminario destinado a traballar na creación de propostas de valor e modelos de negocio sostibles no ámbito da hostalaría e o turismo. Tratase dun Seminario dirixido tanto a empresas xa existentes como a emprendedores/as, que se celebrará de 9:00 a 14:00h e de 15:30 a 18:30h no Forum Carballo (e de balde).
José Manuel Suárez (Sua) e Pablo Domínguez Fariña, de Iuni Consulting, expertos en consultaría turística e apoio a proxectos no sector servizos, farán unha sesión pensada especificamente para empresarios/as, profesionais e emprendedores/as do sector hostaleiro ou turístico.
O propósito é identificar as bases sobre as que os negocios crean, proporcionan e captan valor, así como posibles áreas de mellora e vías de diversificación. Por medio dunha sesión moi dinámica, con casos práticos en grupos e unha duración de 8 horas nun único día, analízanse o mercado, os clientes, os produtos e as canles de comercialización.
A organización foi posible grazas á colaboración do Concello de Carballo e de Costa da Morte, Asociación de Turismo CMAT.
Inscrición
- Máis información e inscrición en: http://www.iffe.es/turismo.
Novas relacionadsa
Fonte
- CMAT.