Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Concello de Malpica fai máis accesibles os seus espazos públicos

O Concello de Malpica fai máis accesibles os seus espazos públicos
centro civico malpica centro civico malpica Os edificios públicos do Concello de Malpica  son desde hoxe máis comprensibles para as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), grazas ao Programa de Accesibilidade Cognitiva promovido pola Federación Autismo Galicia en colaboración co goberno malpicán. A implantación de 129 pictogramas realizouse nos seguintes espazos: Centro  Cívico, Casa de Cultura de Seaia, Centro sociocultural das pozacas e o Pavillón Polideportivo municipal. Este proxecto supón un esforzo pola sensibilización e concienciación sobre as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas dificultades cognitivas e de comunicación. As persoas con Trastornos  do Espectro  do Autismo (TEA) son pensadores visuais, polo que comprenden mellor a información que se presenta de forma visual. Por iso, para facer a súa contorna máis accesible nos axudamos de apoios visuais, pictogramas, que son debuxos sinxelos que representan espazos e accións de maneira simplificada. Así, os pictogramas supoñen para as persoas con autismo, persoas maiores ou mesmo estranxeiros, claves visuais claras e seguras que lles sitúan no espazo e no tempo e anticípanlles os feitos que van ocorrer, o que lles conduce cara a un estado de benestar e seguridade. https://quepasanacosta.gal/monste-fajardo-premio-xornalismo-lueiro-rey/    

Comentarios