Mércores. 15.05.2024
El tiempo

O edil coristanqués Juan García Velo deixará a política

O edil coristanqués Juan García Velo deixará a política
    Juan Garcia Velo coristancoJuan García Velo esta mañá en Coristanco
Novos movementos na axitada vida política municipal de Coristanco. Hoxe sabemos que Juan García Velo, actual concelleiro de Cultura, Educación e Turismo, vai deixar a política e volverá ao seu posto de ADL, que aparcaba en 2011, pero que seguía desenvolvendo labores ata 2015. Non quere facer valoracións da xudicialización da vida municipal coristanquesa, pois quere pasar páxina. “É cansado, ademais levamos uns anos convulsos. É unha decisión que xa está tomada e non me quita o sono, máis ben ao contrario, que hai máis vida que a política”, comentábanos esta mañá. García Velo, que chegou a soar como substituto dun gastado Pensado Plágaro como candidato do PP ás municipais, (“creo que cando soou o meu nome foi unha confusión de nomes”, comenta), forma agora parte do Grupo Mixto trala polémica moción de censura e xa deixou de ser afiliado do PP. “Eu na moción non participei demasiado, que estaba fóra, pero asumín a disciplina do noso grupo aprobando co meu voto a moción. Mirando con perspectiva creo que algo se mellorou neste ano, polo menos se foron pagando as cousas”, explica. García Velo vai esperar á sacar adiante os orzamentos (prorrogados dende 2015) e o problema co Consello de Contas (que ten pendiente moitos millóns de euros de subvencións), “para intentar deixar algunha partida máis para as miñas áreas, que ata agora había moi pouco e hai que ir chorando”. García Velo cobraba actualmente unha das dedicacións exclusiva que teñen os edís ex do PP. Agora formúlanse unha serie de dúbidas: Quen vai coller a dedicación exclusiva? O que entre do PP seguirá no PP? Pasará a non adscritos? Ou será o propio Plágaro o que a reciba? Fonte Redacción de QPC

Comentarios