Martes. 17.09.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa pon en marcha un intenso programa de formación continua

O EFA Fonteboa pon en marcha un intenso programa de formación continua
Xa está en marcha o programa de Actividades de Formación Continua para os meses de outubro, novembro e decembro posto en marcha polo EFA Fonteboa de Coristanco. O primeiro dos cursos - sobre Benestar Animal Zootécnico - arrancou onte e prolongorase ata a vindeira semana. Desenvólveses de 9 a 14 horas e está dirixido a alumnos de 1º curso de Gandaría e Asistente en Sanidade Animal e para profesionais, para os que ainda quedan prazas libres. O seguinte curso, que leva por título "Micoloxía: aproveitamento e gastronomía", desenvolverase os días 19, 20 e 21 de outubro. Os dous primeiros días o curso será de 17 a 19 horas e o sábado será de 10:30 a 14 horas onde se fará un roteiro micolóxico. Uns días máis tarde, o 25 de outubro, terá lugar a xornada de "Alimentación de vacún de leite". Pola mañá haberá distintas ponencias no Fonteboa e polo tarde os participantes realizarán unha visita para o estudo de casos concretos. Esta actividade organízase en colaboración cos servizos técnicos de Feiraco SCG. "A ruralidade e o emprego" será o título das xornadas que se desenvolverán os días 25 e 26 de outubronas que se estudarán os principios do desenvolvemento local rural sostible se coñecerán iniciativas a partir dos propios recursos locais. Actividades de novembro Novembro tamén será un mes cargado de actividades no EFA Fonteboa de Coristanco. O mes arranca coa visita a Biocultura; unha feira internacional de productos ecolóxicos e consumo responsable que ten lugar en Madrid os días 10, 11 e 12 de novembro. Esta viaxe está aberta a todos aqueles interesados na materia. O día 22 de novembro celebrase unha xornada sobre "Instalacións gandeiras: Restauración e aproveitamento de instalacións antigas". Pola mañá haberá ponencias sobre edificación e benestar zootécnico e pola tarde os participantes visitarán unha granxa da zona co fin de analizar aspectos relativos a adaptacións das instalación para garantir as condicións de benestar animal. Esta xornada está organizada en colaboración coa empresa Ferrocar SL. E como todos os anos, en novembro tamén se celebra o "Xantar Solidario" co fin de promocionar os productos locais e de fomentar a solidaridade. Nesta ocasión será o día 25 de novembro e a recadación destinarase a Cáritas Interparroquial de Begantiños, Red Madre e a AIMFR - asociación internacional de Movimientos Familiares de Formación Rural -. Ao longo do mes de decembro haberá dúas actividades. Unha delas será os días 4 e 5 para tratar sobre a "Reproducción animal". Durante estas xornadas abordaranse temas como a inseminación artificial e o transplante de embrións. E a programación remata o 13 de decembro cunha xornada sobre "Xestión de vacún de leite: O minifundio en positivo" que será en horario de 11 a 18 horas. Aquí abordaranse os puntos máis críticos dos actuais modelos de producción de leite existentes en Galicia. Outra destas actividades é a aula aberta de formación e investigación apícola na que ademais das tarefas de esmelgas e limpezas de cadros e colmeas, están programados varios obradoiros sobre métodos de loita contra a velutina.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios