xoves. 01.05.2025
El tiempo

O EFA Fonteboa saca a clave positiva do minifundismo

O EFA Fonteboa saca a clave positiva do minifundismo

Días de actividade no Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa de Coristanco. A gran referencia educativa en materia agrícola prepárase para unhaintersante xornada de Xestión de Emprego, Ruralidade e Xuventude. Unha cita para reflexionar sobre as cousas positivas que ten o minifundismo galego, e sacarlle o mellor rendemento, falando en clave do sector do valún leiteiro.

Presentarán o director Luís García, o director da oficina de Caixabank de Carballo (patrocinador das xornadas xunto con Feiraco), e falará varios poñentes. Comezará Jaime Izquierdo, Coordinador de Asuntos ambientais do goberno de Asturias sobre as ameazas e oportunidades das agriculturas xuriddas na sociedade postindustrial. A Veterinaria Yolanda Trillo falará de novas oportunidades de emprego no rural, mentres que Ramón Lamelo, do Servizo de Promoción de Calidade Agroalimentaria da Xunta falará do sector gandeiro.

A cita será o mércores 13 de decembro, e aínda que será na Casa da Xuventude de Carballo, as persoas interesadas en participar, deberán comunicar a súa asistencia en Fonteboa (981-733051).

Presentación en Carballo

O director do centro Luís García será un dos que acompañe ao autor Jaime Izquierdo, durante a presentación do seu libro “La gestión creativa del cabreo”, este martes 12 de decembro, ás 20:00h no Casino.

Novas relacionadas

Comentarios