sábado. 24.05.2025
El tiempo

O Fútbol da Costa máis solidario fai a entrega da roupa deportiva ós nenos da comarca

O Fútbol da Costa máis solidario fai a entrega da roupa deportiva ós nenos da comarca
Grande a iniciativa do Fútbol da Costa. Primeiro foi o Partido Solidario, celebrado a pasada semana en Santa Comba, que artellou Que Pasa na Costa coa colaboración da Cruz Vermella de Vimianzo, o Concello de Santa Comba e coa colaboración de Ferroatlántica. E hoxe tamén temos unha cita moi especial. Será ás 12 da mañá no local da Cruz Vermella de Vimianzo. Alí, un representante de concello de Santa Comba, un representante de Ferroatlántica, os voluntarios da Cruz Vermella e o equipo de QPC estaremos para facer a entrega da roupa deportiva aos máis de 50 nenos das comarcas de Soneira e Xallas que se atopan en situación de desigualdade.

Comentarios