Luns. 09.09.2024
El tiempo

O GALP Costa da Morte acorda unha nova oferta financieira para o sector pesqueiro

O GALP Costa da Morte acorda unha nova oferta financieira para o sector pesqueiro
convenio-galp-abanca Esta mañá firmouse un novo convenio financieiro entre o GALP Costa da Morte e Abanca O Grupo de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) Costa da Morte e Abanca veñen de renovar a alianza que manteñen co obxectivo de impulsar o desenvolvemento socioeconómico da poboación pesqueira nesta franxa costeira. O director de zona de Abanca en Coruña Oeste/Bergantiños, Jacobo Sánchez, e o presidente do GALP Costa da Morte, Evaristo Lareo, foron os encargados de asinar o novo acordo, nun acto celebrado esta mañá en Carballo. Ademais do compromiso das dúas entidades de poñer en marcha iniciativas para mellorar a competitividade deste sector, o protocolo asinado inclúe unha oferta financeira de Abanca personalizada para o colectivo. O texto renovado ofrece produtos de circulante como Credimar, una póliza de crédito de ata cinco anos sen comisións; Anticipo Mar, para adiantar sen comisións o cobro de subvencións e impostos; ou Confirmar, para o financiamento de mareas, pagos de gasóleo, dereitos de pesca, etc. Este marco de colaboración súmase aos acordos en materia financeira que a entidade financeira galega mantén coa maior parte das confrarías de pescadores de Galicia e as principais organizacións do sector, que reflicten o compromiso do banco con este sector estratéxico para a nosa comunidade. A través de Abanca Mar, a entidade financeira pon a disposición do sector un crecente catálogo de produtos adaptados, ademais da proximidade e experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados e cun profundo coñecemento da heteroxénea cadea de valor do mar.

Comentarios