Xoves. 16.05.2024
El tiempo

O goberno de Coristanco avanza na aprobación da Conta Xeral 2016 desoíndo os informes negativos

O goberno de Coristanco avanza na aprobación da Conta Xeral 2016 desoíndo os informes negativos
Remanente de Tesoureria dos Concellos da COsta da Morte 2018 Coristanto foi o único Concello que non rendeu contas ao Consello de Contas

Era Coristanco o único Concello da Costa da Morte que non presentou en tempo a Conta Xeral 2016. O único concello que non rendeu contas, o que provocaba a posible perda de todas as partidas das administracións superiores.

Para solventalo, o grupo de gobermo (lembramos formado polo alcalde Abraham Gerpe, expulsado do PSOE, e os 6 concelleiros do PP que o investiron) están realizando un procedemento para intentar aprobar esa Conta Xeral (si, de 2016).

Esta semana celebrouse unha Comisión informativa cos membros da oposición, na que se fixo público un informe xurídico de Seretaría bastante crú. Un informe que non coñecía o propio alcalde, para sorpresa dos grupos da oposición.

O informe eflexa varios erros nos que se confunden conceptos e mesmo “se inventa trámites mesturando a estrutura duns cos outros”. Deste xeito, o informe considera que “se debe proceder a corrixir o expediente, especialmente a proposta da alcaldía para someter a ditame da comisión informativa así como ao procedemento legalmente establecido”.

Unha situación, podería provocar que o Consello de Contas poña reparos, provocando a definitiva perda de axudas.

Finalmente, o grupo de goberno desoiu as conclusións do informe e aprobou a súa proposta. Mentres, TeGa presentou alegacións solicitando que se revise e se corrixa a proposta da alcaldía, así como a convocatoria dunha nova comisión informativa seguindo o procedemento que sinala o informe xurídico.

Novas de Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios