Venres. 29.03.2024
El tiempo

O mundo toma as prazas

O mundo toma as prazas

Este pasado sábado 15 de outubro de 2011 (#15O) foi unha xornada reivindicativa onde se voltou a ver a forza do movemento 15M. Dende que naceu non para de medrar e as súas convocatorias cada vez son máis ambiciosas.

Esta vez a chamada, ademais de contar con 8 prazas ocupadas en Galicia, era a nivel mundial e vendo o número de poboacións e persoas que participaron nas manifestacións pódese, polo menos, admitir que hai moita xente indignada, tanto como ser unha cifra que reflexe un porcentaxe alto de xente que quere cambiar as cousas e que non lle gusta nada o panorama actual.

Poderemos? Paso a paso, de momento sabemos que cada día somos máis, cada vez máis indignados o longo de todo o mundo con iguales ou similares reivindicacións nos cinco continentes.

Cifras a destacar

Tendo en conta o baile de cifras que sempre se produce entre os datos que da a Policia e os organizadores, a continuación deixamos unha reseña de cidades e poboacións que participaron co número aproximado de manifestantes según datos recollidos en diferentes medios aunque a nosa principal fonte de información fose a web da organización de Toma la plaza.

Comezamos co reconto. Participaron un total de 1.040 poboacións de 90 países dos 5 continentes.

  • GALICIA:
    - A Coruña: 10.000 persoas;
    - Vigo: 30.000;
    Pontevedra: 1000;
    - Santiago de Compostela: 10.000;
    - Ourense: 1.200;
    -Mondoñedo: apenas 80 persoas (máis información en certo.com).
  • ESPAÑA:
    - Albacete: más de 2.000
    - Alicante: 15.000
    - Barcelona: 250.000
    - Bilbao: 11.000
    - Las Palmas de Gran Canaria: 4.500
    - Logroño: 2.000
    - Madrid: no se atreven a dar cifras (¿500.000?)
    - Málaga: 4.000
    - Mieres: más de 15.000
    - Palma de Mallorca: 10.000
    - Santander: más de 15.000
    - Sevilla: 50.000
    - Valencia: 15.000// 35.000
    - Valladolid: 25.000
    - Zaragoza: 30.000.
  • EUROPA:
    - Alemaña: nas principias cidades alemanas, dende a capital Berlín (10.000 persoas), a Colonia, Múnich, Hamburgo, Hannover, Stuttgart e Francfort (onde 5.000 foron protestar á sede do Banco Central Europeo)
    - Amsterdam: 2000 persoas. Tamén existen manifestacións en La Haya, Rotterdam e Utrecht.
    - Londres: 5000 persoas. Decidiron comenzar a acampar. Onde participou e falou para os participantes Julian Assange (fundador de Wikileaks).
    - Eslovenia: más de 2.000 personas
    - Roma: más de 200.000 e varios percances violentos incluidos;
    - Grecia: 30.000
    - Bruselas: 6.000;
    - Lisboa: 12.000 personas.
    - Outros países e cidades onde se viron protestas: Praga, Viena, Dublín, Rusia (en varias cidades).
  • RESTO DO MUNDO:
    - Nueva York (máis de 5.000 personas).
    - Tamén houbo manifestación noutra morea de cidades como Chicago, Denver, Los Angeles...
    - Sidney: 2.000;
    - Yakarta: más de 1.000;
    - Helsinki: 1000;
    - Santiago de Chile: 30.000
    - Brasil: Movilizacións en más de 37 ciudades.
    - Tokio: Unhos cuantos centenares. Foi a primera manifestación que comezou 15O debido ós usos horaros.

Isto é so unha reseña, non temos moitos máis datos de participación nin tampouco temos o listado completo de poboacións onde a xente saíu a rúa. Algús exemplos onde se sabe que a participación foi moi elevada os apuntamos a continuación: Auckland, Kuala Lumpur, Buenos Aires, Seul, Tel Aviv, Jerusalem e Ramallah.

De todo o que se puido ler hoxe nos quedamos cun artigo onde se fai unha recapitulación amplia de links sobre os artigos e reportaxes que saíron en todos os medios falando desta xornada, inclúese tamén prensa estranxeira de todo o mundo:

Parece que somos moitos, seica... algo poderemos facer, non si?

Máis información

Comentarios