Domingo. 08.09.2024
El tiempo

O novo GDR si abrangue toda a Costa da Morte

O novo GDR si abrangue toda a Costa da Morte
O GDR Costa da Morte adaptase ao Xeodestino O GDR Costa da Morte adáptase ás fronteiras do Xeodestino

Numerosas veces temos criticado a existencia entes públicos que diseccionan a Costa da Morte. Desta volta temos que loubar a nova decisión que tomaba esta semana o GDR Costa da Morte. Dende xa, e unha vez aprobada a modificación dos estatutos, o territorio do GDR adáptase ao Xeodestino, abarcando os seguintes 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

En principio, durante esta nova era do 2014-2020, manteranse as dúas oficinas (a de Buño e a de Vimianzo) para seguir estando moi preto da veciñanza.

Agora, estidades e asociacións poderán unirse ao GDR, antes de organizar a nova Xunra Directiva, que terá un máximo de 21 membros en 12 mesas sectoriais, que se organizarán do seguinte xeito:

  • a) Sector agrario e gandeiro: 2 representantes.
  • b) Sector forestal: 1 representante.
  • c) Asociacións de mulleres: 1 representante.
  • d) Asociacións de mozos: 1 representante.
  • e) Asociacións de acción social: 1 representante.
  • f) Asociacións para a protección, conservación e/ou mellora do ambiente: 1 representante.
  • g) Asociacións de empresarios e asociacións profesionais: 1 representante.
  • h) Asociacións culturais: 1 representante.
  • i) Asociacións deportivas, recreativas, de veciños e sectores non adscritos noutras mesas: 2 .
  • representantes.
  • j) Sector de turismo e hostalería: 1 representante.
  • k) Sector de artesanía: 1 representante.
  • l) Sector institucional: 8 representantes.

Aprobados os datos do Leadres 2007-2013

No 2015 certificáronse 19 proxectos, cunha inversión de 2.748.656,80 € e unha subvención de 917.635,04€ (cobrada na súa totalidade antes de finalizar o ano).

Pechouse o Programa Leader 2007-2013 con 94 proxectos aprobados e certificados, unha inversión total realizada de 9.516.684,68€ e un total de subvención de 4.134.925,68€. Consolidáronse 218 empregos e creáronse 80 novos empregos (o compromiso das empresas era de crear 33 empregos).

Había 10 proxectos mais en reserva cunha inversión prevista de 880.800€ e unha subvención prevista de 303.323,68€, que se comprometían a consolidar 22 empregos e a crear 7 novos. Estes proxectos quedaron sen axuda, porque non nos asignaron mais fondos.

Previsión para os vindeiros anos

Aprobouse o orzamento de Ingresos e Gastos para o ano 2016, que ascenden a 62.855,26€.

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios