O paro baixa en 600 persoas na Costa da Morte durante o mes de xuño
08:15 05/07/16
Na tempada de verán aumentaron as contratacións no sector servizos
O mes de xuño deixa 600 desempregados menos na Costa da Morte con respecto ao mes anterior. As contratacións do verán, principalmente no sector servicios, agóchanse detrás desta mellora estatística que ainda deixa máis de 10.500 desempregados na bisbarra.
Segundo se desprende dos datos publicados onte polo Ministerio de Emprego, a maior baixada de desempregados rexistrouse no conxunto de concellos que forman a comarca de Bergantiños, onde as persoas que abandoaron o pasado mes de xuño as listas do (antigo) INEM foron un total de 292. Carballo foi así o municipio onde se firmaron o maior número de altas novas á Seguridade Social. Concretamente, 142.
Pola súa banda, a comarca de Fisterra tiña a 31 de xuño de 2016 un total de 80 parados menos que no mes anterior. Corcubión foi o único concello onde non diminuiu o paro, se non todo o contrario; aumentou en catro persoas.
A campaña estival deixase notar nos concellos de Muros e Carnota, onde en conxunto, houbo un total de 119 desempregados menos que no mes de maio.
Segundo os últimos datos do paro, en Soneira houbo en xuño 73 altas novas á Seguridade Social mentras que na comarca do Xallas foron 36 as persoas que firmaron un novo contrato de traballo durante o pasado mes.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Ministerio de Emprego