O paro baixa en febreiro
14:10 02/03/17
O número total de desempregados na Costa da Morte sitúase en 9.711 persoas
Febreiro despidiuse de con boas novas para o mercado laboral ainda que sexa de forma moi sutil; xa que o paro rexistrado nas oficinas dos servizos públicos de emprego baixou en 27 persoas na Costa da Morte. Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o número de desempregados na bisbarra sitúase en 9.711 persoas.
A comarca de Bergantiños foi a que rexistrou un maior número de empregos novos, xa que durante o mes de febreiro houbo 28 novas incorporacións ao mercado laboral. Pola contra, está a comarca de Fisterra que acumulou 24 parados máis con respecto ao mes de xaneiro.
Por concellos, o de Santa Comba foi o que rexistrou un maior número de cotizantes durante o mes de febreiro xa que incorporou 13 novas altas á Seguridade Social. No lado oposto está o municipio de Carballo, onde sete persoas se sumaron á lista de desempregados.
Macrodatos
O mes de febreiro rematou con 211.924 persoas rexistradas como paradas nas oficinas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) en Galiza, 154 menos que en xaneiro, o que en termos porcentuais equivale a un descenso do 0,07%. Dende a CIG sinalan que este dato contrasta co elevado número de contratos rexistrados neste período, 62.323 o que segundo indican dende o sindicato "amosa claramente a cada vez maior rotación do emprego". Na media do conxunto nacionak, o descenso do desemprego foi lixeiramente superior, atinxindo o 0,25%.
Neste senso, o secretario confederal de Emprego e Industria - Miguel Malvido - incide en que as sucesivas reformas laborais serviron unicamente para precarizar aínda máis as condicións laborais, sinalando a rotación como un dos principais problemas do actual mercado de traballo. Ademais, alerta sobre a consolidación da figura do traballador/a pobre a causa do aumento da temporalidade e da perda de poder adquisitivo.
Novas relacionadas
- O paro sobe en xaneiro tras finalizar a campaña de Nadal
- O paro sobe en outubro na Costa da Morte
- O paro medra na bisbarra tras o remate da tempada estival
- Xullo remata con case 700 parados menos na Costa da Morte
- O paro baixa en 600 persoas na Costa da Morte durante o mes de xuño
- Redacción QPC ([email protected])
- Ministerio de Emprego