luns. 12.05.2025
El tiempo

O paro baixa máis de 500 persoas durante o mes de xullo na Costa da Morte

O paro baixa máis de 500 persoas durante o mes de xullo na Costa da Morte
datos-paro-xullo-2017 O mes de xullo pechou cun total de 7870 desempregados na Costa da Morte. Imaxe: Hotel Oca Insua Cee Como vén sendo habitual nesta época do ano, o paro descendeu no conxunto da Costa da Morte en 508 persoas durante o mes de xullo con respecto ao mes anterior. Así, a 31 de xullo, o total de desempregados e desempregadas na bisbarra ascende a 7870 persoas. Este descenso coincide co tirón turístico do verán. Por concellos, unha vez máis foi o de Carballo o que rexistrou o maior número de altas xa que durante o mes de xullo incorporou ao mercado laboral 105 persoas. O segundo posto está ocupado polo concello de Muros, que sumou en xullo 48 novo empregados. Todos os concellos da Costa da Morte están en positivo. O que menos altas novas na seguridade social tivo durante o mes pasado foi o de Mazaricos, que quitou das antigas listas do paro a 2 persoas. Datos da comunidade Galicia foi a comunidade na que máis baixa o paro no mes de xullo en termos absolutos con 7.794 persoas menos que en xuño, 251 desempregados menos ao día, e sitúase como a segunda na que máis cae o desemprego en termos relativos, nun -4,11%. O paro, ademais, baixa tamén con respecto a hai un ano, rexistrándose 13.586 desempregados menos, é dicir, un -6,95%, Con respecto ás provincias, na evolución anual Pontevedra lidera o descenso cun 7,66% menos de paro, seguida da Coruña cun -7,26%, de Ourense cun -5,52% e Lugo cun -4,40%. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Ministerio de Emprego

Comentarios