![datos-paro-costa-da-morte]()
O número de parados na Costa da Morte incrementouse en 111 persoas con respecto ao mes anterior
O mercado laboral comeza cun resbalón na Costa da Morte xa que o número de parados rexistrados nas oficinas do antigo Inem incrementouse en 111 persoas deixando
un total de 9748 persoas en situación de desempleo na bisbarra.
A de
Fisterra foi a comarca na máis subiron o número de parados con 86 persoas máis ca o mes anterior. Pola contra, a de
Bergantiños foi a única con cifras positivas xa que conta con cinco empresgados máis ca no mes de decembro.
Por concellos, o de
Cee foi o que rexistrou un maior incremento de parados, con 45 persoas máis en situación de desemprego. Séguelle moi de cerca
Dumbría, que o pasado mes de xaneiro sumaba 33 persoas máis ás listas do Inem con respecto a decembro.
Destaca o de
Malpica, que foi o concello da comarca que sumou o maior número de empregados pasando a ter en xaneiro 33 asalariados máis ca no mes de decembro.
Xaneiro é un mes tradicionalmente malo para o emprego debido á finalización da campaña do Nadal que adoita traer contratos novos no sector servizos principalmente.
Novas relacionadas
Fonte