O Plan Único permite desenvolver medio centenar de obras na comarca de Bergantiños
Ata 48 obras realizaránse nos concellos da comarca de Bergantiños a través do Plan Único da Deputación, que destina máis de 5 millóns de euros a obras e investimentos. A maioría dos concellos da zona elixiron dedicar gran parte dos fondos provinciais para mellorar as infraestruturas municipais, financiando así obras en estradas e rúas, instalacións deportivas, saneamentos, reformas en centros educativos e culturais á creación de zonas verdes e de ocio.
Ademais, o número de obras verase incrementado grazas á incorporación de 2.773.808,96 de euros de remanentes nos concellos da comarca. Estes novos fondos do Plan Único están xa a disposición dos municipios para que decidan a que os van destinar.
Obras en Carballo
Focalizando, hoxe a Deputación destaca as obras do acondicionamento do aparcamento do Fórum e a creación de beirarrúas na rúa Saturnino Cuiñas, en Carballo, así como a reurbanización do entorno do CEIP Xesús San Luis Romero.
Os traballos que saíron o pasado venres a licitación concentraranse na rúa Saturnino Cuiñas, que se dotará dunha plataforma única sen diferenzas de nivel, co obxectivo de mellorar as condicións de mobilidade peonil e eliminar as barreiras arquitectónicas que impiden a accesibilidade universal.
A través do novo plan provincial, o Concello de Carballo recibe 2,45 millóns de euros para o ano 2017, cos que se financiarán melloras en infraestruturas municipais coma o campo de fútbol de Sofán ou diversas rúas do casco urbano. Asemade, o Plan Único tamén contribuirá a financiar o gasto corrente municipal, aportando 888.143 euros para custear os servizos de alumeado público e limpeza viaria.
Novas relacionadas
- Así quedarán as rúas Río e Montevideo de Carballo tralas obras de remodelación.
- O Barrio das Flores de Carballo renova a súa imaxe.
- As obras da contorna do CEIP Xesús San Luís Romero carballés avanzan mentres se licitan as obras do pavillón.
Fonte
- Deputación.