Venres. 19.04.2024
El tiempo

O pleno de Coristanco non quixo debatir unha moción dos veciños afectados polos eólicos

O pleno de Coristanco non quixo debatir unha moción dos veciños afectados polos eólicos

A veciñanza afectada polos proxectos eólicos non collía na sala A veciñanza afectada polos proxectos eólicos non collía na sala

Non escoitar aos veciños sempre é síntome de que algo falla. E algo debe estar fallando en Coristanco cando medio centenar de veciños enchen o salón de plenos durante unha sesión e marchan sen apenas ser atendidos. Así aconteceu onte no pleno coristanqués, onde afectados pols parques eólicos de Campelo, Bustelo e Monte Toural viron como o alcalde Abraham Gerpe se negaba a debatir o asunto. E iso que o proxecto do parque eólico de O Campelo está en exposición pública no propio edificio consistorial.

Unha situación radicalmente contraria á deste luns, cando o Concello de Carballo daba voz e mesmo apoiaba á plataforma de afectados na súa sesión plenaria.

Finalmente o voto do ex alcalde Pensado Plágaro volveu ser fundamental, cambiando de posición e facendo posible o veto ao debate sobre a moción de urxencia que presentaron Laura Mariño (BNG) e Verónica Facal en nome da plataforma veciñal.

Foi un pleno tenso, no que a voceira do BNG, unha das primeiras en denunciar esta tramitación fraudulenta dos parques aló polo mes de xullo, a encargada de ler o texto redactado pola veciñanza, non sen antes reprocharlle ao alcalde que lles negara aos propios veciños a posibilidade de se pronunciaren.

Ao remate da intervención de Mariño, Gerpe tomou a palabra para, por unha banda, contarlles á veciñanza que lle preocupa o asunto, pero por outra, que agora non toca ese debate porque “no concello de Coristanco non consta ningún proxecto de ningún parque eólico” e que “non se pode poñer o carro antes que os bois”, un argumento completamente inválido cando precisamente é agora, cando o proxecto do parque eólico de O Campelo está en exposición pública no propio edificio consistorial, é necesario coñecer a realidade para poder presentar, ou non, alegacións.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/carballo-tamen-se-une-dende-entrecuces-a-loita-contra-os-eolicos/ https://quepasanacosta.gal/a-loita-vecinal-contra-os-eolicos-de-bergantinos-e-xallas-colle-forza/ https://quepasanacosta.gal/a-plataforma-contra-os-eolicos-de-coristanco-presenta-alegacions-xunto-cos-vecinos/

Comentarios