Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Polígono de Bértoa supera o 50% de superficie ocupada

O Polígono de Bértoa supera o 50% de superficie ocupada
POLIGONO BERTOA analise

Mentres outros polígonos sempre esmorecendo entre as toxeiras, o de Bértoa parece un dos poucos que segue medrando. Ata o punto de que lidera a venda de parcelas de uso industrial en Galicia. De feito, na última oferta de solo realizada por Xestur, o pasado mes de marzo, foron adxudicados 19.263 metros cadrados de terreo, repartido en seis parcelas, por un prezo de 710.210 euros, moi por riba do seguinte, que foi o polígono de A Sionlla con 13.000 metros cadrados.

Con estas últimas operacións, o volume de solo ocupado ou adxudicado sitúase xa no 50,67% da superficie do parque empresarial carballés. Así, dos 458.619 metros cadrados de superficie neta que abrangue o polígono, hai 232.376 que non só teñen dono/a, senón tamén un proxecto empresarial que ten que desenvolverse nun prazo máximo de tres anos a partir da compravenda.

Os datos reflicten un repunte nestes últimos cuross da economía. No 2016 o Concello de Carballo aprobou licenzas para 10 naves industriais, e no primeiro trimestre deste ano deu luz verde a outras 4.

Bonificacións estatais e municipais

Importantes son as bonificacións establecidas por Xestur, que acadan ata o 50% do valor do terreo. O Concello de Carballo tamén axuda á implantación de novas empresas con bonificacións de ata o 95% no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). Nos últimos dous anos e medio foron aprobadas deducións por case 200.000 euros, e no pleno do mes de maio o goberno proporá tamén bonificacións do ICIO para outras oito empresas.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios