O programa de compostaxe caseira de Carballo dá un paso máis
Dado o éxito das anteriores fases do proxecto de implantación da compostaxe caseira no Concello de Carballo, o programa continúa avanzando na redución de residuos sólidos, neste caso na eliminación da fracción húmida, que é a mais pesada e a que máis custe ten no seu tratamento. Desde o Concello de Carballo están vendo como se está demostrando que hai modelos alternativos e que funcionan, de feito tense feito o cálculo do que supón en canto a redución do número de toneladas que non irán a parar ao colector verde e supera as 85 Toneladas ao ano, só nas 130 vivendas que xa contan con composteiro.
Nesta 4ª fase está previsto a implantación de composteiros en 25 novas vivendas, polo que aproveitan para abrir un proceso de inscrición para todas aquelas familias que queiran participar neste importante proxecto para conseguir un Carballo Sostible, o composteiro e a formación para o seu uso é ofrecido de xeito gratuíto grazas á implicación de Sogama que ofrece os composteiros e ao Concello de Carballo que realizará a formación e acompañamento para que a implantación sexa un éxito ao igual que o foron as fases anteriores, tendo este plan entre os usuarios unha nota de sobresaínte e un uso do 92 % dos composteiros instalados nos que xa se está a producir compost para as hortas e xardíns destas vivendas. Coma sempre as vivendas que se queden fóra desta fase pasarán a unha lista de espera para posteriores accións.
Poden solicitar colaborar con Carballo Limpo chamando ao 981 75 49 17, na web www.carballolimpo.com ou en Twitter @CarballoLimpo.
Novas relacionadas- Marzo 2016: Carballo reduce 39 toneladas de residuos orgánicos co seu programa de compostaxe.
- A Milagrosa ten a chave da reciclaxe
- Os veciños de Carballo participan nun novo proxecto piloto de reciclaxe
- Cincuenta fogares de Carballo participan no programa de compostaxe caseira
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo