O programa "Deseñando o teu futuro" achega a mocidade ao mundo empresarial
08:07 08/09/17
A directora Xeral de Xuventude e os participantes no programa visitaron onte a empresa de productos cárnicos Domínguez, unha das colaboradoras
Son varios os mozos e mozas da Costa da Morte que estes días participan no programa "Deseñando o teu futuro"; unha experiencia piloto de educación non formal a través da cal mozos e mozas de entre 14 e 18 anos poden realizar pequenas estadías titorizadas en centros de traballo
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado - Cecilia Vázquez - reuniuse onte co grupo de mozos e mozas
que están a participar no proxecto promovido pola asociación EFA Fonteboa no marco do programa Deseñando o teu futuro. Así mesmo, realizou unha visita a productos Cárnicos Domínguez, de Baíñas, unha das empresas que acolle a mozos participantes nesta iniciativa.
Deseñando o teu futuro é un proxecto de aproximación da mocidade galega ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estancias – visitas en distintos sectores das empresas. O proxecto conta coa colaboración da Federación de empresarios Costa da Morte (FECOM), a asociación de empresarios Comarca de Soneira, a federación EFA Galicia e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (AXOBER). Os 15 participantes están a realizar desde o 21 de agosto as súas estancias visitas de 15 días de duración, cunha xornada de
seis horas diarias, en empresas de diversos sectores: industria alimentaria, mecánica, comercio, hostalería, construción, animación e tempo libre e gandeiría. Concretamente, as empresas da Costa da Morte na que os mozos e mozas están a desenvolver a súa estancia visita son: Productos Cárnicos Domínguez, S.L; Talleres Os Muiños, S.L; Hardware Galicia,
S.L.; Casa Eiroa, S.C; Faustino García Souto; Reset, Rumacru, S.L.; Pinturas Soneira, S.C.; Caludio Casanova; Move Servicios deportivos, S.L.; Serindoc, S.L.; Daniel Viña Crego (Aguavix); Agrocee, S.C., Granxa Segade e Electrodomésticos Paz.
Cecilia Vázquez sinalou que “a través das estancias visitas en empresas que propón Deseñando o teu futuro, os mozos a mozas achéganse ao día a día dun traballo, aos profesionais que o realizan e aos aspectos máis positivos e negativos que ten calquera
posto de traballo, deste xeito coñecen a realidade dunha profesión”. “Trátase dunha ferramenta para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axudan a completar o seu desenvolvemento persoal e futura formación académica e profesional” engadiu a directora xeral.
Novas relacionadas
- Arranca o programa “Deseñando o teu futuro na Costa da Morte”
- Quince mozos da bisbarra participan no programa “Deseñando o teu futuro na Costa da Morte”
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Xunta de Galicia