venres. 15.11.2024
El tiempo

O sector lácteo inicia unha rolda de contactos cos partidos políticos

O sector lácteo inicia unha rolda de contactos cos partidos políticos
A plataforma pola Defensa do Sector Lacteo Galego ve necesario poñer en marcha un paquete de medidas urxentes. Imaxe: Efeagro A plataforma pola Defensa do Sector ve necesario poñer en marcha un paquete de medidas urxentes. Imaxe: Efeagro A situación no sector lácteo segue a ser crítica: prezos máis baixos ca en calquera parte do estado, fórmulas arbitrarias de pagamento con prezos de leite pó, ameazas de non recoller mentres importan de fóra gran cantidade de cisternas de leite ou produto lácteo envasado, deslocalización da produción e fomento de incrementos noutras zonas, boicot ao desenvolvemento dunha cadea de valor sostible, con prezos e condicións xustas para a parte produtora,... e outras condicións abusivas que fan que as granxas de producción leiteira sexan insostibles. Este é o motivo polo que a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego considera inaprazable a posta en marcha dun programa urxente de medidas de apoio ao sector. Así que onte iniciaron unha rolda de contactos con todos os grupos políticos con fin de "conseguir que de xeito unánime se respalde tanto a nivel galego como estatal un paquete de medidas urxentes que garantan as condicións necesarias como a garantía de recollida, prezos sostibles, eliminación de impagos e de contratos abusivos, seguimento do leite que se paga a prezo de pó, control ordenado dos excedentes" aseguran dende a plataforma. Para eles ésta é única forma de que as granxas galegas podan seguir desenvolvendo a súa actividade xerando así os miles de empregos directos e indirectos que dependen do sector. Ademais, dende a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego destacan a necesidade de que a comunidade conte con un foro ou instrumento de negociación propio coa presenza de todas as partes do sector implicadas e coa participación activa da administración galega. Novas relacionadas

Fonte

Comentarios