Martes. 08.10.2024
El tiempo

O Servizo de Emprego trasládase ao Fórum Carballo

O Servizo de Emprego trasládase ao Fórum Carballo
Servizo Emprego Forum Carballo O director xeral de Orientación e Promoción visitou as novas instalacións do Servizo Emprego Dende o pasado luns, a planta baixa do Fórum Carballo acolle as oficinas do servizo estatal de Emprego Público e do Servizo de Emprego Público de Galicia. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral - José Alfonso Marnotes González - visitou as novas instalacións acompañado do alcalde - Evencio Ferrero - e do director do centro de Formación Municipal - Juan Lorenzo - para supervisar as recén estreadas oficinas. Marnotes subliñou que, con este traslado, o servizo experimentará unha "mellora na atención" para as 173.000 persoas dos concellos da comarca de Bergantiños e do concello de Zas que recorren aos servizos da Consellería de Emprego. Un total de 23 empregados e empregadas, entre os do SEPE - Servicio Público de Empleo Estatal - e os do Servizo de Emprego da Xunta, ocupan un total de 470 metros cadrados útiles no Fórum, aos que hai que sumar tamén o espazo do vestíbulo e dos corredores para chegar aos 600 metros, o que supón, segundo Marnotes, "unha mellora para as persoas que acoden ao servizo, pero tamén para as persoas que traballan nel". Ademais, está previsto mellorar no futuro o equipamento tenolóxico, así como reforzar a atención mediante novos obradoiros e cursos de formación. Espazo de referencia O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, explicou a súa satisfacción por que "o Fórum sexa un espazo de referencia", que aglutina na actualidade, non só as oficinas do Centro de Formación Municipal, as de Promoción Económica e Turismo e o servizo de emprego do Concello reflectido na BDT - Bolsa de Traballo Municipal - ; senón tamén os servizos da Xunta no concello relativos a Medio Rural, Emprego e, no futuro, tamén de Sanidade animal e Seguridade alimentaria. Segundo Ferrero, o obxectivo é "xerar sinerxías entre administracións para que o veciño reciba servizos de alta calidade". Insistiu en que "o concello sempre manifestou a súa vontade de que os servizos que se ofrecen en Carballo se fagan nas mellores condicións posibles" e considera que, neste caso, "ese obxectivo está logrado". Tamén considera que estes servizos contribúen "á dinamización do barrio" e respecto das oficinas que acaban de instalarse no Fórum, desexou "que cumpran o seu obxectivo, que é o de xerar emprego". Novas relacionadas Fonte  

Comentarios