Luns. 06.04.2020
El tiempo

#CORONAVIRUS

As ANPAS Galegas demandan medidas de conciliación

Aulas baleiras polo coronavirus
Aulas baleiras polo coronavirus
As ANPAS Galegas demandan medidas de conciliación

Ante a decisión tomada pola Xunta do peche dos centros educativos, unha voz autorizada para analizar a situación, sen dúbida, é a das ANPAS Galegas, da que forma parte a activa Federación de ANPAS Costa da Morte- Coruña.

Comunicado das ANPAS Galegas

Esta mañá asistíamos á suspensión en directo das actividades educativas durante dúas semanas a partir do
próximo luns, anunciado persoalmente polo presidente da Xunta de Galiza, xunto cunha serie de medidas que
tentan avanzar na prevención do que se está demostrando como un dos maiores problemas sanitarios dos que
ninguén ten lembranza.

Para a Confederación ANPAS GALEGAS a suspensión das actividades escolares é, neste contexto, unha boa noticia, e animamos sen fisuras as familias galegas, e á sociedade toda, a actuar segundo as instrucións das autoridades sanitarias e civís, tanto estatais como galegas.

Aceptamos tamén que a urxencia da situación propicie que neste momento non estean aínda preparadas todas as respostas, nin resoltas todas as complicacións que se van xerar como consecuencia desa suspensión; nomeadamente no que atinxe aos problemas de conciliación, pero tamén aos económicos do sector da atención ao alumnado, ou aos académicos e organizativos do propio curso escolar.

Si temos que lamentar fondamente que a Consellaría de Educación non estivera presente aínda na súa obriga de informar, consensuar e facilitar ás familias a atención, información e seguridade que levamos tempo demandándolle. As asociacións de nais e pais non tivemos ningún tipo de interlocución coa consellaría de educación, mesmo cando a Confederación ANPAS GALEGAS lles interpelou directamente sobre a problemática que estaba xurdindo da súa inacción, ou hoxe mesmo cando tivemos que escoitar de boca do propio presidente que se falara cunha xeira de organización e entidades nas que nós, que representamos a centos de miles de familias galegas, non estabamos.

Mirando cara ao futuro, e salvando sempre que a saúde é, e ten que seguir sendo, o obxectivo prioritario de calquera actuación de goberno e da sociedade, temos que demandar que se establezan medios para que esta situación que se provocará dende o luns teña solucións de conciliación, que non pasen nin polos avós e avoas, que son un colectivo especialmente vulnerábel neste momento, nin pola concentración de crianzas en espazos de gardería; as clases suspéndense para que as nenas e nenos permanezan na casa, libres de contactos e de contaxios, tanto activos como pasivos, e deben ser atendidas polas súas familias. E é responsabilidade do goberno facilitarlles a posibilidade de facelo. É o momento de convocar axudas, facilidades e medios para que iso sexa posíbel sen que as nais e pais teñamos que abandonar os nosos traballos, consumir anticipadamente as nosas vacacións, ou pagar a terceiros; estamos todas traballando para o ben común, e é un labor solidario ficar na casa atendendo a cadansúa familia, todas temos a obriga de facilitarllelo.

Haberá tamén que se preocupar de que non sexan as traballadoras auxiliares do ensino público, que fican sen
traballo neste momento, quen paguen os resultados destas decisións; non é a súa responsabilidade esa
ausencia de traballo e polo tanto haberá que habilitar as medidas precisas para que non recaia nelas o custo
desta decisión.

“Compostela”, Provincial da Coruña “Costa da Morte”, FerrolTerra, Provincial de Lugo, Val Miñor e Vigo
Sabedoras de que coas actuais dotacións non é posíbel dar clases a distancia dun xeito xeneralizado, nin
atender en liña a todo o alumnado galego, e entendendo que isto non é unha situación que se puidera prever,
solicitamos as autoridades educativas que artellen as mellores condicións posíbeis para que o alumnado non se desconecte do desenvolvemento do curso escolar. Pero tamén que tomen nota desta situación para
comezar a transformar un Ensino Público que está moi lonxe da modernidade, ao que lle faltan décadas para camiñar á par da tecnoloxía, tal e como as nais e pais demandamos constantemente: un Ensino Público moderno, inclusivo e actualizado, que forneza á xuventude da formación que precisa para participar na
creación dunha sociedade moderna e con futuro.

Pero o reto máis importante, dentro do campo educativo, vai ser volver a comezar cando esta situación
remate, sexa en dúas semanas ou en máis tempo
; haberá que reorganizar tempos e dedicacións, haberá que
facilitarlle ao alumnado a volta ao cotián, e haberá que garantir que este parón forzoso non vai ter vítimas
inocentes, academicamente falando. Para iso estamos dispostas a colaborar, coma sempre fixemos, na toma
de decisións que teñen que contar tamén cun amplo consenso e cunha grande valentía social. A ningún de nós
se nos escapa a situación do calendario, agora mesmo o ensino público está paralizado durante dúas semanas,
pero calquera mínima ampliación dese prazo lévanos xa ao 14 de abril, á volta de semana santa, e haberá que
dar solucións e respostas á situación creada. Novos calendarios, clases de reforzo, reorganización de
currículos, modificación de datas de avaliación, ou mesmo a supresión dalgunha delas, de todo se pode falar.

Demandamos da Consellaría de Educación que inicie canto antes o traballo do retorno, que forme unha
comisión na que esteamos presentes as familias e o profesorado
, que escoite á comunidade educativa, que
sabemos sobradamente cales son os problemas certos do noso ensino público, e que deixe de pensar que as
cousas teñen un amaño por si propias, que ven sendo o seu permanente xeito de actuar, e o seu constante
xeito de se equivocar.

Pero, sobre todo, demandamos tranquilidade, serenidade, e colaboración de todas e con todas; este problema
podémolo vencer estando todas xuntas e axudándonos da mellor das maneiras posíbeis: facendo o que nos
din, quedando na casa, e agardando a que todo pase.

  • ANPAS Galegas

comentarios